Novas fichas na base "BINVAC". Marzo 201623-03-2016 - INSHTA base de "Accidentes de traballo investigados", BINVAC, está aloxada no portal do INSHT "Situacións de traballo peligrosas". Na base descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou se poden producir danos á saúde dos traballadores, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención, así como as medidas preventivas adecuadas. Na actualización inclúense dúas novas fichas, unha referida a un accidente por caída desde altura e outra que trata dunha explosión en atmósferas explosivas. | ![]() |
|---|
Na base poden atoparse fichas de accidentes elaboradas e revisadas por un grupo de expertos dos organismos públicos dedicados á seguridade e saúde no traballo que na listaxe de fichas figuran como "Grupo BINVAC", así como outras elaboradas exclusivamente por algún destes organismos, e nese caso na listaxe figura o seu nome como autor da ficha.
Ligazón á web BINVAC