Sobrecarga térmica estimada15-09-2014 - INSHTO INSHT desenvolveu unha aplicación informática para a aplicación do método da sobrecarga térmica estimada, establecido na norma UNE-NISO 7933:2004, que permite valorar o risco de estrés térmico que experimenta un individuo nun ambiente caloroso. | ![]() |
|---|
Esta metodoloxía de avaliación baséase na estimación da taxa de sudación e a temperatura interna que o corpo humano alcanzará en resposta ás condicións de traballo.
Os resultados da aplicación deste método, permiten:
Determinar que parámetros físicos do ambiente convén modificar, e ata que punto, co fin de reducir o risco de sobrecargas fisiolóxicas.
Comparar distintas formas de organizar o traballo e programar os descansos, se son necesarios.
Edita: Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.