Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Nova ferramenta OiRA: Automatización segura do traballo

27-01-2025 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

OiRA pon a disposición unha nova ferramenta a nivel da UE para que as empresas avalíen os riscos para a seguridade e a saúde no traballo relacionados coa automatización de tarefas. Esta ferramenta ten como obxectivo axudar ás empresas para abordar os factores de risco organizativos, psicosociais e específicos relacionados coas tarefas físicas e cognitivas automatizadas, por exemplo os movementos altamente repetitivos ou estáticos ou a equidade dos datos e o control de procesos, e implementar medidas preventivas adecuadas para protexer ás persoas traballadoras.

A ferramenta desenvolveuse como un recurso práctico da campaña «Traballos saudables» 2023-25, titulada "Traballos seguros e saudables na era dixital". Orienta ás empresas no desenvolvemento de plans de prevención abordando os factores de risco organizativos e psicosociais. Tamén aborda os riscos relacionados coas tarefas físicas e cognitivas, incluídos os movementos moi repetitivos ou estáticos, a equidade dos datos e o control dos procesos.

Pode utilizarse xunto con outras ferramentas sectoriais específicas de OiRA e adaptarse ao contexto de calquera país socio de OiRA.

Ligazón á ferramenta Automatización segura do traballo

Familiarizarse con OiRA.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS