Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Napo en … Robots no traballo

08-02-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Nesta ocasión Napo guíanos na seguridade da cadea de produción, traballa con robots colaborativos, descobre o poder dos exoesqueletos e explora os perigos que poderían xurdir na automatización das tarefas

Napo en... alerta de incendio

30-11-2023 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Esta nova película de Napo pon de relevo o risco de incendio e explosión no lugar de traballo e as medidas que poden adoptarse para reducilo. Guiaranos a través das normas básicas de protección contra incendios e explosións e ensinaranos como afrontar situacións de risco e que medidas de seguridade aplicar.

Napo en... Con esta calor, non hai quen traballe!

26-05-2023 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O cambio climático xa é unha realidade e pode afectar a contorna de traballo e á seguridade e a saúde de quen traballa. O persoal de numerosos sectores pode verse prexudicado polo aumento da temperatura ambiente, que provoca estrés térmico; as persoas máis expostas son as que traballan ao aire libre nos sectores da agricultura ou a construción, aínda que quen traballa en espazos interiores tamén poden estar en risco

Napo en… a historia dos mellores sinais

24-04-2023 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Esta película de Napo, publicada orixinalmente en 1998, ofrece unha introdución básica aos sinais e os símbolos de seguridade no lugar de traballo. É unha guía útil para as persoas que empezan a traballar e tamén pode axudar ás persoas máis experimentadas a actualizar os seus coñecementos

Napo contra a exposición aos carcinóxenos no traballo

02-11-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Vencer ao cancro é unha prioridade do Marco Estratéxico da UE sobre Seguridade e Saúde no Traballo 2021-2027. Esta película de Napo está deseñada para concienciar sobre o cancro relacionado co traballo e promover a súa prevención. O contido céntrase nos "carcinóxenos xerados por procesos" que se orixinan como subproductos dun proceso de traballo, estes requiren atención adicional pois carecen de etiquetaxe e de referencias nas follas de datos de seguridade.

Napo desempeña o seu papel na dixitalización segura

18-01-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Esta película proporciona unha introdución á seguridade da robótica no lugar de traballo e describe algunhas das tecnoloxías robóticas emerxentes, os tipos de accidentes asociados coa robótica, os principais perigos e como se poden controlar.

Napo volve para combatir os trastornos musculoesqueléticos no lugar de traballo

05-03-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Dende 2007, cando Napo presentou a súa película «Alixeira a carga» para aumentar a sensibilización sobre os trastornos musculoesqueléticos (TMEs) relacionados co traballo, a aínda elevada prevalencia deste grave problema de saúde en Europa inspirou a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo a presentar 6 novos videoclips, como sempre repletos de humor e bos consellos.

Napo para profesores

09-10-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, xunto co Consorcio Napo, elaborou unha serie de leccións sobre saúde e seguridade no traballo (SST) destinadas aos profesores, servíndose do popular personaxe Napo. O obxectivo é introducir aos alumnos de primaria na temática da seguridade e a saúde con criterios pedagóxicos, pero tamén dunha maneira divertida ou imaxinativa, utilizando os vídeos de Napo.

Napo traballa dende casa para deter a pandemia

29-04-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Do mesmo xeito que nos ocorre a millóns de persoas en toda Europa, Napo ten agora que teletraballar, improvisando un posto de traballo en casa e tratando de conciliar a súa vida familiar e laboral da mellor maneira posible. Pero non é fácil! A mensaxe deste breve vídeo, no que Napo conta coa axuda do seu xefe e do seu colega Napette, é sinxela: traballa dende casa, pero con seguridade, e axuda así a deter a pandemia.

Napo nas alturas

16-04-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Cunha boa dose do humor propio da súa saga, “Napo en… traballo en altura” aborda temas importantes, dende a avaliación de riscos e a formación ata a prevención das caídas e solucións alternativas ao traballo en altura. As escenas abarcan unha serie de ocupacións e situacións laborais nas que o risco de caídas dende altura é un problema.

Guía electrónica da UE sobre os riscos relacionados coa seguridade viaria laboral

16-07-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Esta guía está destinada aos condutores/empregados e expertos en seguridade de todos os sectores da UE que estean interesados nos riscos asociados ao uso de vehículos.

O cancro laboral na Unión Europea

24-06-2019 - EURONEWS

No seu último episodio de Real Economy, Euronews explora os perigos das contornas de traballo na Unión Europea, co enfoque no cancro ocupacional. O episodio presenta unha entrevista coa Directora Executiva de EU-OSHA, a Dra. Christa Sedlatschek, e un exemplo de boas prácticas da industria da madeira.

Risco eléctrico: as cinco regras de ouro

18-06-2019 - INSST

Este vídeo explica o método das cinco regras de ouro que é o procedemento máis empregado para deixar sen tensión unha instalación eléctrica de maneira que temos garantido que o traballador/a poida realizar os traballos de forma segura.

Napo promove as regras de ouro para a seguridade e a saúde no traballo

15-04-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Napo e os seus colegas promoven cada unha das sete regras nun vídeo clip, cun estilo desenfadado. As regras empezan dende o chanzo superior, incidindo no compromiso do líder, pasando pola mellora das cualificacións dos traballadores ata o investimento nas persoas.

Material didáctico de PRL para a Formación Profesional

16-11-2018 - INSST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo pon a disposición 26 Manuais Básicos de Prevención, 26 carteis e 26 vídeos orientados a alumnos de formación profesional, que servirán de material de apoio para o profesorado no seu labor de sensibilizar e concienciar ao alumno sobre a importancia da prevención de riscos laborais no seu futuro profesional.

Seguridade e saúde no traballo: por qué a xente moza está exposta a riscos?

20-09-2018 - Organización Internacional do Traballo

A Organización Internacional no Traballo ofrece no sitio web InfoStories unha serie de contidos multimedia que abordan temas de interés no mundo do traballo, como a brecha de xénero, o emprego atípico, a migración, a inclusión das persoas con discapacidade, ou a exposición dos mozos e mozas aos riscos no traballo.

Gañando en saúde

12-09-2018 - INSST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo pon a disposición unha serie de infografías e vídeos divulgativos sobre alimentación saudable, posturas de traballo inadecuadas, hixiene do soño e sedentarismo.

Videos de corta duración sobre temas relacionados coas condicións de traballo

12-06-2018 - ANACT

Videos realizados pola Axencia Nacional para a Mellora das Condicións de Traballo, ANACT, institución administrativa pública baixo a tutela do Ministerio de Traballo francés. Na súa web poden atoparse ademais de numerosas publicacións, 63 videos de corta duración (en francés) sobre distintos temas relacionados coas condicións de traballo: absentismo, riscos psicosociais, teletraballo, etc)

Napo en...po no traballo - administremos a exposición ocupacional ao po

06-06-2018 - Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo

Esta película amosa algunhas das situacións no lugar de traballo onde os traballadores/as poden estar expostos á po de madeira, metal, fariña ou outros tipos de po. De acordo coa campaña Traballo saudables: alerta ante substancias perigosas, esta película de Napo ilustra a importancia de manexar a exposición de maneira efectiva para evitar problemas de saúde e lesións.

Napo en... regreso saudable ao futuro

23-03-2018 - Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo

Película realizada co fin de amosar algúns dos retos que supón o envellecemento da poboación traballadora co fin de favorecer o debate sobre a necesidade de que os lugares de traballo sexan máis saudables. En “ Napo en… regreso saudable ao futuro” o protagonista viaxa a través do tempo co obxectivo de descubrir as claves da vida laboral sustentable. A través das escenas amósase a necesidade de xestionar a prevención desde o primeiro ata o último día de traballo; a importancia das políticas de rehabilitación e de reincorporación ao traballo, así como a loita contra a discriminación por idade.

Coordinación de actividades empresariais

09-02-2018 - INSSBT

O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo, publica o video de animación "Coordinación de actividades empresariais" sobre como evitar accidentes na contorna laboral.

ERGAFP en video

12-06-2017 - INSHT

A publicación dixital ERGAFP do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo ofrece información e ferramentas pedagóxicas a profesores/as responsables do ensino das materias sobre prevención de riscos laborais no ámbito da Formación Profesional. O seu obxectivo é desenvolver nos alumnos/as actitudes positivas fronte á prevención dos riscos laborais. A esta publicación engádeselle agora un video centrado no editorial

Erga Tebeo. O ensino da prevención na escola primaria. Metodoloxía e ferramentas

11-04-2017 - INSHT

Colección de 10 cómics editados polo INSHT coa intención de proporcionar ao profesorado dos Centros de Ensino Primario unha ferramenta que permita incorporar a Seguridade e a Saúde no Traballo ás diferentes disciplinas do seu traballo docente. O obxectivo fundamental é que a incorporación dos temas propios da prevención de riscos laborais prodúzase da maneira máis fácil posible, do modo máis axeitado a unha determinada idade e a un determinado concepto da vida e o traballo, tentando que o documento chegue directamente a mans dos/das estudantes.

Napo: melloras na visulización e descarga

08-02-2016 - Axencia Europea de Seguridade e Saúde no traballo

Como parte do novo sitio web de Napo, está o centro de descarga. Agora poden visulizarse as películas de Napo e separar hacia o centro de descarga películas enteiras ou escenas das mesmas. Cando teñas listos os contidos que che interesan, podes descargar os elementos dunha vez. Esta nova funcionalidade pretende que a descarga de contidos sexa máis rápida e sinxela.

Renovación do sitio web de Napo

27-11-2015 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A nova versión da web é máis fácil de utilizar e máis accesible. Resulta máis atraente e integra funcionalidades adicionais interesantes como unha versión para dispositivos móbiles e tabletas facendo posible que se poda consultar en todo momento a información que Napo ofrece.

A pegada do despilfarro dos alimentos

31-07-2015 - FAO

Para satisfacer a demanda dunha poboación mundial en crecemento, a produción agrícola deberá incrementarse nun 60% de aquí ao 2050. Sin embargo máis dunha terceira parte dos alimentos producidos na actualidade desperdícianse dentro da cadea alimentaria. Este despilfarro ten importantes custos financieiros, pero tamén medioambientais.

Animacións para promover a seguridade nas canteiras

20-02-2015 - SAFEQU

Os vídeos desenvolvéronse no marco dun proxecto "SAFEQU- Animacións 3D para fomentar a saúde no posto de traballo en canteiras de pedra natural", co-financiado pola Comisión Europea a través do Programa de Aprendizaxe permanente Leonardo dá Vinci. No proxecto participan a Asociación Nacional da Pedra de Finlandia, como promotora do proxecto, o Centro tecnolóxico do Mármore, Pedra e Materiais situado en Cehegín (Murcia), a escola de pedra Klesarska Skola, de Croacia, o Instituto Friedrich-Weinbrenner-Gewerbeschule de Friburgo e a Universidade de Ciencias Aplicadas de Saimaa, de Finlandia.

Saír del amianto

22-08-2014 - TVE

No ano 2002 prohíbese en España a produción, distribución e a manipulación de amianto, tanto proxectado como encapsulado en fibrocemento. É unha normativa que chega moi tarde, varias décadas despois de coñecerse os riscos cancerígenos extremos da inhalación das fibras de amianto.

A traxedia electrónica

20-08-2014 - DOCUMENTOS TV

O pasado ano en todo o mundo vendéronse 50 millóns de televisores de pantalla plana, 300millóns de ordenadores, 2.000 millóns de teléfonos móbiles e smartphones. Un ritmo de compra que xera nos países desenvolvidos 50 millóns de toneladas de residuos electrónicos cada ano. Nesta reportaxe investígase o tráfico ilegal de residuos electrónicos dende Europa e Estados Unidos até os vertedoiros de Ghana e China.

Xogo de preguntas sobre o ruído

30-08-2013 - Axencia Europea para a seguridade e saúde no traballo

Dende aquí podes acceder ao xogo de preguntas e respostas sobre o ruído elaborado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.

Manual para o profesor

09-07-2013 - INSHT

Este Manual para o profesor de Seguridade e Saúde no Traballo que aquí se presenta, está dirixido aos docentes da futura poboación activa.

Risco químico

10-04-2013 - SAÚDE

RISCO QUÍMICO é un documental impactante sobre os efectos que sobre a saúde humana ten a exposición a multitude de produtos tóxicos que usamos a diario sen que teñamos conciencia do seu alto risco.

Que están a pisar os teus zapatos?

14-03-2013 - OCUTV

Os zapatos europeos non só pisan o chan. Tamén marchan sobre as condicións laborais e os salarios no Terceiro Mundo.

Bhopal: a traxedia esquecida

28-11-2012 - DOCUMENTOS TV

A traxedia de Bhopal, aconteceu o 3 de decembro de 1984 na rexión de Bhopal (India). Orixinouse ao producirse unha fuga de 42 toneladas de isocianato de metilo nunha fábrica de pesticidas propiedade da compañía estadounidense Union Carbide (parte de cuxos activos foron posteriormente adquiridos por Dow Chemical).

As substancias químicas

26-11-2012 - DOCUMENTAL: "NATURALMENTE"

As substancias químicas coas que nos relacionamos e o uso indiscriminado de axentes de limpeza contaminante na cadea de produción e uso xeral, nos expoñen a riscos para a nosa saúde.

A Caixa Negra: O Cason

12-11-2012 - TVG

O 5 de decembro de 1987 produciuse o accidente do Casón fronte ás costas da Coruña. Ía cargado con 25.000 toneladas de mercadorías perigosas.

Comprar, tirar, comprar

05-11-2012 - DOCUMENTAL DIRIXIDO POR COSIMA DANNORITZER

Baterías que 'morren' aos 18 meses de ser estreadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, lámpadas que se fonden ás mil horas... Por que, malia os avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos? Queres saber onde rematan?

Psicosocioloxía do traballo. Guía do monitor

19-10-2012 - INSHT

Este material didáctico está composto por un conxunto de transparencias e por unha colección de exercicios para facilitar a tarefa do monitor na preparación e desenvolvemento das sesións de formación en forma de arquivos PDF correspondentes a unhas 1500 transparencias e uns 75 exercicios resoltos así como un sistema HTML para a súa consulta.

Ergonomía. Guía do monitor

03-10-2012 - INSHT

Este material didáctico está composto por un conxunto de transparencias e por unha colección de exercicios para facilitar a tarefa do monitor na preparación e desenvolvemento das sesións de formación en forma de arquivos PDF correspondentes a unhas 1500 transparencias e uns 75 exercicios resoltos así como un sistema HTML para a súa consulta.

Hixiene industrial. Guía do monitor

17-09-2012 - INSHT

Este material didáctico está composto por un conxunto de transparencias e por unha colección de exercicios para facilitar a tarefa do monitor na preparación e desenvolvemento das sesións de formación en forma de arquivos PDF correspondentes a unhas 1500 transparencias e uns 75 exercicios resoltos así como un sistema HTML para a súa consulta.

Condicións de traballo e saúde. Guía para o monitor

12-09-2012 - INSHT

Este material didáctico, elaborado e actualizado polos técnicos/as do Centro nacional de Condicións de Traballo do INSHT, está composto por un conxunto de transparencias e por unha colección de exercicios para facilitar a tarefa do monitor na preparación e desenvolvemento das sesións de formación en forma de arquivos PDF correspondentes a unhas 1500 transparencias e uns 75 exercicios resoltos así como un sistema HTML para a súa consulta.

Napo nas aulas de primaria

07-09-2012 - Axencia europea para a seguridade e a saúde non traballo

A EU-OSHA desenvolveu, en colaboración co Consorcio Napo, "Napo para profesores", un proxecto para presentar aos nenos de primaria os conceptos máis básicos de saúde e seguridade.

Napo

15-05-2012 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Napo é o protagonista dunha serie de debuxos animados. Simboliza a un empregado que traballa en calquera industria ou sector. Napo non ten un traballo concreto ou unha contorna laboral específico, pero a súa personalidade e o seu aspecto físico mantéñense constantes en todas as películas. Napo é unha persoa normal, nin boa nin mala, nin nova nin vella. Neste sentido, a súa cultura é neutra. É un traballador que pode sufrir situacións sobre as que non ten control, pero que tamén pode detectar perigos ou riscos, ou facer boas suxestións para mellorar a seguridade e a organización do traballo.

O algodón, a cara oculta do ouro branco

23-02-2012 - Documental "La noche temática"

O algodón é un material moi desexado presente case no 40% da nosa vestimenta. Aos consumidores atráelles porque está asociado á idea dun produto natural. Unha parte do algodón que se consome en Francia procede das plantacións africanas. Con todo, o seu cultivo esconde segredos inconfesables. Malí, Costa do Marfil e Burkina Faso son o tres países de maior produción de algodón. O que case ninguén sabe é que existe un comercio de escravos do algodón, unha realidade vivida cada día por moitos nenos de África Occidental.

"Víctimas de la moda"

13-12-2011 - Documental "La noche temática"

Case todas as marcas do téxtil fabrican as súas roupas en China, Bangladesh ou India, os salarios son baixos e a lexislación para protexer o medio ambiente é permisiva. Pero non só nos países con salarios baixos os traballadores están a ser envelenados; traballadores do téxtil e consumidores en Europa tamén entran en contacto con perigosas sustancias químicas e caen enfermos. O axente antimofo DMF que é usado con frecuencia en zapatos pode queimar a pel. Tinguiduras sintéticas canceríxenas atópanse a miúdo na roupa interior negra, os chamados azoderivados; tamén o vermello pode estar contaminado por esta sustancia.

"La trama del amianto"

13-12-2011 - Documental

A fibra de amianto podémola atopar nos tellados e interiores dos nosos edificios. Mentres se gastan miles de millóns de euros na eliminación do amianto vello, está a permitirse a importación e comercialización do novo, o crisotilo canadense ou amianto branco, que se oculta en termos, xuntas e outros artigos de uso diario. A saúde dos consumidores atópase ameazada. A trama internacional do amianto é responsable de estar a levar este material de novo ao mercado.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS