Hixiene industrial. Guía do monitor17-09-2012 - INSHTEste material didáctico está composto por un conxunto de transparencias e por unha colección de exercicios para facilitar a tarefa do monitor na preparación e desenvolvemento das sesións de formación en forma de arquivos PDF correspondentes a unhas 1500 transparencias e uns 75 exercicios resoltos así como un sistema HTML para a súa consulta. | ![]() |
|---|
A localización de cada transparencia pódese realizar seguindo a orde dos diferentes textos básicos e dentro de cada texto segundo a orde dos distintos capítulos tal como están estruturados na edición en papel.
Tamén para facilitar a busca dun determinado conxunto de soportes visuais facilítase a posibilidade de busca por palabras clave relacionadas cun tema, sen circunscribirse a un texto concreto, senón buscando no conxunto da colección.
Ademais
da capacitación e experiencia profesional do monitor encargado de
impartir a formación, é un factor primordial que a metodoloxía
seguida obrigue aos alumnos a tomar decisións sobre situacións
concretas e a debater entre eles as súas opinións, o que forzará
un proceso de construción persoal das ideas, a partir das ideas
doutros compañeiros e, por suposto dos coñecementos do monitor.
Neste contexto a resolución de exercicios en grupos reducidos, seguida inmediatamente dunha sesión de posta en común é unha técnica moi utilizada e que recomendamos encarecidamente.
O número de transparencias é amplo para cada apartado de forma que permite ao monitor elixir aquelas que polo seu contido ou presentación mellor se adapten ás características do grupo ao que debe dirixirse.
Inclúese
a demais unha colección de exercicios, aínda que se recomenda que
se utilicen exercicios coñecidos ou experimentados polos propios
alumnos, é dicir que os datos poidan ser recoñecidos polos alumnos
como próximos, desta forma favorécese a implicación do alumno na
discusión e mellórase a compoñente participativa do ensino.
. Capítulo I: Que é a hixiene industrial?
.
Capítulo II: Contaminantes químicos: metodoloxías de actuación
.
Capítulo III: Contaminantes químicos: medición da exposición
.
Capítulo IV: Contaminantes químicos: criterios de valoración
.
Capítulo V: Contaminantes químicos: control das exposicións
.
Capítulo VI: Contaminantes químicos: protección individual
.
Capítulo VII: Ruído
. Capítulo VIII: Vibracións
. Capítulo
IX: Ambiente térmico
. Capítulo X: Radiacións non ionizantes
.
Capítulo XI: Radiacións ionizantes
. Capítulo XII:
Contaminantes biolóxicos
Fonte: INSHT