Napo nas aulas de primaria07-09-2012 - Axencia europea para a seguridade e a saúde non traballoA EU-OSHA desenvolveu, en colaboración co Consorcio Napo, "Napo para profesores", un proxecto para presentar aos nenos de primaria os conceptos máis básicos de saúde e seguridade. |
---|
Grazas a esta iniciativa, os mestres dispoñen dunha serie de materiais educativos que poden descargar en liña.
Destinados a nenos de entre 7 e 11 anos, teñen por protagonista a Napo, un personaxe de animación que axuda a difundir a mensaxe da seguridade e a saúde no lugar de traballo de forma sinxela e interesante.
Cada
unidade didáctica, descargable gratuitamente, toca algún punto
relacionado co que os escolares poden encontrar na casa e na escola,
como os sinais de seguridade, os riscos para a pel e as costas ou a
forma de detectar os riscos e perigos.
O programa existe en sete versións lingüísticas.