Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Material didáctico de PRL para a Formación Profesional

16-11-2018 - INSST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo pon a disposición 26 Manuais Básicos de Prevención, 26 carteis e 26 vídeos orientados a alumnos de formación profesional, que servirán de material de apoio para o profesorado no seu labor de sensibilizar e concienciar ao alumno sobre a importancia da prevención de riscos laborais no seu futuro profesional.

Os contidos mostran os riscos e as medidas preventivas máis relevantes de cada unha das 26 familias profesionais. Ademais tamén se dispón dun Manual de Actividades Didácticas para a Formación Profesional, consistente nunha recompilación das publicacións periódicas  ERGAS-FP.

Preséntase o material mediante vídeos animados:

1º Breve introdución xeral e común a todas as Familias Profesionais mostrando a importancia da Prevención de Riscos Laborais.

2º Vídeo que explica ao alumno como están clasificados os contidos.

3º A partir deste punto, o alumno poderá seleccionar a "Familia Profesional" do seu interese. Pulsando sobre o nome da Familia profesional, chegará aos recursos específicos desexados. Hai varios tipos de recursos por cada familia: un Manual Básico de Prevención de Riscos Laborais, a un Póster e un vídeo. Basicamente, cada tipo de contido mostra os riscos e as medidas preventivas máis relevantes de cada familias profesional. Este material vai dirixido a profesores e alumnos de formación profesional, permitindo tamén a súa descarga. Ademais dentro da mesma familia, tamén se dispón dun Manual de Actividades Didácticas para a Formación Profesional consistente nunha recompilación das publicacións periódicas  ERGAS-FP.

Ligazón ao Material didáctico de PRL para a Formación Profesional do INSST

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS