Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Napo contra a exposición aos carcinóxenos no traballo

02-11-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Vencer ao cancro é unha prioridade do Marco Estratéxico da UE sobre Seguridade e Saúde no Traballo 2021-2027. Esta película de Napo está deseñada para concienciar sobre o cancro relacionado co traballo e promover a súa prevención. O contido céntrase nos "carcinóxenos xerados por procesos" que se orixinan como subproductos dun proceso de traballo, estes requiren atención adicional pois carecen de etiquetaxe e de referencias nas follas de datos de seguridade.

Unha elevada proporción de persoas da UE está exposta no traballo a «carcinóxenos xerados polos procesos», en particular a gases xerados pola combustión, como as emisións dos motores diésel, a po de silicio ou madeira dura, e a fumes de soldadura. E moitas veces nin sequera son conscientes diso.

Neste novo videoclip, Napo e os seus colegas ilustran profesións nas que a exposición a estes carcinóxenos é tipicamente elevada. Traballan na construción, nun taller mecánico ou coa madeira e, xunto co seu xefe, buscan alternativas de prevención para operar en condicións seguras e saudables. 

Derrotar ao cancro é unha prioridade do Marco Estratéxico da UE sobre Saúde e Seguridade no Traballo 2021-2027.

Moitas persoas non son conscientes de que estas substancias xeradas na súa actividade laboral poden causar cancro…. iso ten que cambiar!

Ligazón a Napo en… a ameaza invisible

 

Ligazón á iniciativa Folla de roteiro sobre os carcinóxenos dirixida a reducir a exposición aos carcinóxenos nos lugares de traballo europeos.

Ligazón sobre a nova iniciativa lexislativa da Comisión Europea dirixida a protexer aos traballadores europeos do amianto

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS