A pegada do despilfarro dos alimentos31-07-2015 - FAOPara satisfacer a demanda dunha poboación mundial en crecemento, a produción agrícola deberá incrementarse nun 60% de aquí ao 2050. Sin embargo máis dunha terceira parte dos alimentos producidos na actualidade desperdícianse dentro da cadea alimentaria. Este despilfarro ten importantes custos financieiros, pero tamén medioambientais. | ![]() |
|---|
O proxecto “Pegada do despilfarro de alimentos” indica nunha primeira parte cales son os efectos medioambientais mediante un modelo de análise do ciclo biolóxico que permite avaliar a magnitude dos efectos ambientais; como complemento se desenvolve un conxunto de instrumentos no que se detallan as mellores prácticas para a redución do despilfarro de alimentos.
Para a segunda fase, na que se tratan os custes sociais medidos en témos monetarios, elaborouse unha metodoloxía de contabilización do custe total para avaliar os custos financieiros directos, a perda de valor dos bens e servizos dos ecosistemas e a perda de benestar asociada á degradación dos recursos naturais.
Este proxecto amosa que reducir o despilfarro de alimentos ten que ser unha prioridade con vistas a estabelecer modalidades de produción e consumo máis sostibles.
Ligazóns: