Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Renovación do sitio web de Napo

27-11-2015 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A nova versión da web é máis fácil de utilizar e máis accesible. Resulta máis atraente e integra funcionalidades adicionais interesantes como unha versión para dispositivos móbiles e tabletas facendo posible que se poda consultar en todo momento a información que Napo ofrece.

Napo é o heroe dunha serie de películas de animación, coproducidas por un pequeno grupo de organizacións europeas para presentar temas importantes de seguridade e saúde no traballo de forma entretida e fácil de lembrar. O simpático personaxe simboliza a calquera traballador de calquera industria ou sector.

A nova versión da web é máis fácil de utilizar e máis accesible. Resulta máis atraínte e integra funcionalidades adicionais interesantes como unha versión para dispositivos móbiles e tabletas facendo posible que se poda consultar en todo momento a información que Napo ofrece.

Tamén será máis fácil e rápido acceder ás películas sen palabras sobre seguridade e saúde no traballo, descubrir a iniciativa Napo para profesores ou coñecer a historia de Napo e do Consorcio Napo.

Incorpora  tamén unha nova sección de preguntas frecuentes que inclúe respostas a consultas sobre dereitos e permisos, ou sobre a mellor maneira de utilizar Napo.

Acceso á web de NAPO: www.napofilm.net

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS