Manual para o profesor09-07-2013 - INSHTEste Manual para o profesor de Seguridade e Saúde no Traballo que aquí se presenta, está dirixido aos docentes da futura poboación activa. | ![]() |
|---|
Ao dirixirse esta nova publicación aos docentes dos mozos adultos que están moi preto de iniciar a súa vida laboral, contribúese a mellorar a preparación deses futuros traballadores familiarizándoos anticipadamente coas áreas de seguridade e saúde das que serán as súas ocupacións profesionais.
Este libro, ademais, achega fichas prácticas, trata os riscos profesionais e a súa prevención, refire a organismos e institucións competentes, expón a normativa vixente ao respecto...
Pero, aínda que compile os principais aspectos de interese no ámbito da seguridade e saúde laboral, o seu afán non é, claro está, reunir datos senón propiciar que o docente integre a seguridade e a saúde nas unidades de competencia que ensine.
Naturalmente, dado que o apoio do ámbito educativo é imprescindible, para que os contidos deste texto resulten instrumentos útiles, os ensinantes deberán realizar as adecuacións oportunas segundo sexa o alumnado ao seu cargo.
Esperamos que os naturais lectores deste novo manual (eses docentes aos que tanto agradecemos o seu empeño), encontren aquí orientacións útiles para o seu ensino, de modo que os futuros traballadores poidan incorporarse aos seus postos cunha bagaxe preventiva maior e mellores que o dos seus predecesores.
Acceso ao "Manual para o profesor de seguridade e saúde no traballo"
Fonte: INSHT