Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Napo desempeña o seu papel na dixitalización segura

18-01-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Esta película proporciona unha introdución á seguridade da robótica no lugar de traballo e describe algunhas das tecnoloxías robóticas emerxentes, os tipos de accidentes asociados coa robótica, os principais perigos e como se poden controlar.

O futuro xa está aquí e os lugares de traballo están a adaptarse ás novas formas de traballo e tecnoloxías.  Napo desexa que esta transición sexa o máis segura e saudable posible, aproveitando as oportunidades e superando os obstáculos para conseguir unha contorna de traballo mellor.

A automatización, os robots cooperativos e os  exoesqueletos poden mellorar a saúde e a seguridade no traballo se se implementan, xestionan e manteñen adecuadamente. A clave está nunha dixitalización centrada nas persoas e  Napo déixallo claro aos seus superiores e os seus compañeiros/as.

Esta película proporciona unha introdución á seguridade da robótica no lugar de traballo e describe algunhas das tecnoloxías robóticas emerxentes, os tipos de accidentes asociados coa robótica, os principais perigos e como se poden controlar.

Os traballadores/as da liña de produción corren o maior risco, seguidos polos traballadores/as de mantemento. O mal deseño do lugar de traballo e o erro humano causan a maioría das lesións.

Os avances nas tecnoloxías de automatización, incluídos os robots fixos, os robots colaborativos e móbiles e os exoesqueletos, teñen o potencial de mellorar as condicións de traballo, pero tamén de introducir riscos no lugar de traballo.

Ligazón á nova película  Napo en... Robots no traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS