Napo traballa dende casa para deter a pandemia29-04-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no TraballoDo mesmo xeito que nos ocorre a millóns de persoas en toda Europa, Napo ten agora que teletraballar, improvisando un posto de traballo en casa e tratando de conciliar a súa vida familiar e laboral da mellor maneira posible. Pero non é fácil! A mensaxe deste breve vídeo, no que Napo conta coa axuda do seu xefe e do seu colega Napette, é sinxela: traballa dende casa, pero con seguridade, e axuda así a deter a pandemia. |
|---|
Ligazón ao vídeo Napo está … teletraballando para deter a pandemia e o vídeo anterior Napo en… Deter a pandemia
Ligazón a artigos da OSHwiki Consellos prácticos para traballar dende casa e COVID-19: orientación para o lugar de traballo