Risco químico10-04-2013 - SAÚDERISCO QUÍMICO é un documental impactante sobre os efectos que sobre a saúde humana ten a exposición a multitude de produtos tóxicos que usamos a diario sen que teñamos conciencia do seu alto risco. |
|---|
Producido no ano 2006 pola Xunta de Andalucía e realizado por Artemisa, durante 50 minutos móstranse historias reais de afectados aos produtos químicos.
Determinados produtos de limpeza, os pesticidas que conteñen os alimentos que consumimos a diario, os locais públicos aos que acudimos a divertirnos ou a traballar e que en moitos casos son sometidos a fumigacións con produtos químicos persistentes, os fertilizantes e pesticidas aos que os traballadores do campo se expoñen nos seus labores diarios...
Tanto casos reais de persoas afectadas pola exposición a estes produtos coma testemuños de científicos e expertos na materia axudarannos a entender o complexo mundo dos tóxicos domésticos e os seus efectos sobre a nosa saúde e o medio.
Acceso ao Documental "Risco químico"