Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Infografía GTCSL: Como actuar fronte ao coronavirus no teu traballo

25-03-2020 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Infografía interactiva sintética, para orientar a actuación dos traballadores/as e os/as seus representantes en materia de prevención fronte o risco de infección por coronavirus nos seus centros de traballo. Inclúe a través de ligazóns documentos preventivos aclaratorios e modelos de denuncia ante os organismos pertinentes

 

Infografía interactiva sintética, para orientar a actuación dos traballadores/as e os/as seus/súas representantes en materia de prevención fronte o risco de infección por coronavirus nos seus centros de traballo.

Inclúe a través de ligazóns (cor laranxa): documentos preventivos aclaratorios e modelos de denuncia ante os organismos pertinentes. Para enviar por wathsap ou correo electrónico.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

 

COMO ACTUAR FRONTE AO CORONAVIRUS NO TEU TRABALLO

1.- ESIXIR A EXISTENCIA DUN PROTOCOLO PREVENTIVO DE ACTUACIÓN ADAPTADO Á ACTIVIDADE DA EMPRESA que deberá somertese a consulta, e se é posible ao acordo, do Comité de Saúde Laboral, coa participación dos delegados/as de prevención e delegados/as sindicais. Dito protocolo deberá contemplar o estabelecemento e implementación de medidas preventivas: ORGANIZATIVAS: videoconferencias en lugar de viaxes e xuntanzas presenciais de traballo, teletraballo con garantías laborais e preventivas, formación on-line, quendas alternativas de traballo e utilización de novas tecnoloxías que eviten o contacto directo. DISTANCIA FÍSICA: Distancia de seguridade permanente entre traballadores/usuarios do servizo de polo menos dous metros. PAUTAS HIXÉNICAS: LIGAZÓN UTILIZACIÓN DE EPIs: eficientes ante o risco (luvas, gafas, máscaras, etc); axustadas ás características da persoa que os utilizan; persoais e intransferibles; proporcionados gratuitamente polo empresario nun número suficiente. Con información/formación sobre o uso correcto dos EPIs. No caso de non existir un protocolo específico de prevención correctamente integrado no Plan de Prevención da empresa: denunciar esta grave irregularidade ante a Inspección de Traballo e SS, Ministerio de Sanidade e Delegación do Goberno. LIGAZÓN MODELO DENUNCIA

2.- ESIXIR A EXISTENCIA E POSTA A DISPOSICIÓN DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIS) segundo estea estabelecido no protocolo preventivo. No caso de non estar a disposición dos traballadores/as os EPIs contemplados no protocolo da empresa, proceder a realizar a correspondete denuncia ante a Inspección de Traballo e SS, Ministerio de Sanidade e Delegación do Goberno. LIGAZÓN MODELO DENUNCIA

3.- PERSOAS ESPECIALMENTE SENSÍBEIS AO CORONAVIRUS: A área sanitaria do Servizo de Prevención de Riscos Laborais debe evaluar a presenza de persoal traballador especialmente sensible en relación á infección de coronavirus SARS-CoV-2 (Persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión, enfermidade hepática crónica, enfermidade pulmonar crónica, enfermidade renal crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, embarazo e maiores de 60 anos). En caso de que non se poida adaptar o posto de traballo destas persoas sensíbeis, ou non se lles poida asignar un exento de risco, a área sanitaria do Servizo de Prevención elaborará un informe para que quede acreditada a indicación de incapacidade temporal, co fin de facilitar aos servizos de atención primaria, a súa tramitación No caso de non existir este catálogo de postos exentos de risco de contaxio e/ou das medidas organizativas alternativas para protexer a estes traballadores/as, proceder a denunciar esta grave irregularidade ante a Inspección de Traballo e SS, Ministerio de Sanidade e Delegación do Goberno. LIGAZÓN MODELO DENUNCIA

4.- SE TEMOS SINTOMATOLOXÍA. As persoas que presenten sintomatoloxía (febre, tose…), deberán contactar cos servizos de saúde telefonicamente chamando ao teléfono 900 400 116, que indicarán ao traballador/a as pautas a seguir. Se se ten sensación de falta de aire, empeoramento ou sensación real de gravidade por calquera outro síntoma, chamar ao 061.

 5.- NO CASO DE CONTAXIARSE OU ESTAR SOMETIDO A ILLAMENTO. En ámbolos dous casos temos dereito á baixa nas mesmas condicións económicas que as de accidente de traballo. Nestas situacións será exclusivamente o persoal médico de atención primaria do SERGAS quen emita os partes de baixa e alta en todos os casos de afectación por coronavirus. En ningún caso, estes partes poderán ser emitidos polos facultativos das Mutuas Colaboradoras coa S.S., do Instituto Social da Mariña ou das Empresas Colaboradoras. Non hai que emitir parte de accidente de traballo nestas situacións, será sempre tramitado como enfermidade común.

6.- NO CASO DE DÚBIDAS, DIFICULTADES OU NECESIDADE DE ASESORAMENTO, poñerse en contacto coas estruturas sectorias e/ou locais da CIG máis achegados ao teu centro de traballo para que te poidan prestar o apoio e o asesoramento correspondente. http//www.cig.gal

Podes acceder a este documento no PDF ADXUNTO


Documentos

COMO ACTUAR FRONTE AO CORONAVIRUS NO TEU TRABALLO 26320.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS