Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Actuacións de resposta coordinada para o control da transmisión de COVID-19

04-06-2021 - MINISTERIO DE SANIDADE

O presente documento de Actuacións de resposta coordinada para o control da transmisión de COVID-19 establécese como desenvolvemento técnico dos indicadores recolleitos no Plan de Resposta Temperá, e establece o marco de actuación para unha resposta proporcional a distintos niveis de alerta definidos por un proceso de avaliación do risco en base ao conxunto de indicadores epidemiolóxicos e de capacidade asistencial e de saúde pública.

Os indicadores, niveis e medidas propostas no presente documento serán de referencia tanto en escenarios de aumento de risco de transmisión como en escenarios de redución do mesmo.

Os indicadores incluídos neste documento, así como os niveis de risco e medidas propostas, están en permanente revisión en función do coñecemento e experiencia adquirida no manexo da pandemia  e da nova información e evidencia científica sobre o comportamento do virus.

As comunidades autónomas que se atopen por baixo dos niveis de alerta contemplados neste documento deberán seguir observando o cumprimento das medidas básicas de hixiene e prevención e o resto de medidas incluídas na Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, así como na normativa autonómica de desenvolvemento, para garantir o control da transmisión, e asegurar a resposta compartida por parte do conxunto das autoridades sanitarias.

As medidas recomendadas neste documento establecen o marco de referencia, tendo en conta que poden adaptarse e contextualizarse a cada comunidade autónoma e territorio segundo a evolución da situación epidemiolóxica.

O obxectivo deste documento é propoñer criterios comúns para a interpretación dos indicadores básicos no Sistema Nacional de Saúde que permitan realizar unha avaliación en cada territorio, dirixida a detectar niveis de risco para a poboación e establecer uns niveis de alerta que determinen actuacións proporcionais ao nivel de risco de transmisión de  SARS- CoV-2 e adaptables segundo a situación e o contexto de cada territorio. Estas actuacións pretenden garantir unha coordinación suficiente entre territorios sen que  obste, en ningún caso ás comunidades autónomas a tomar as medidas complementarias que consideren adecuadas.

Ligazón ao documento "Actuacións de resposta coordinada para o control da transmisión de COVID-19".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS