Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Consellos prácticos sobre o teletraballo dende casa e a protección da saúde

21-04-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

No contexto actual do confinamento debido á pandemia de COVID-19, millóns de traballadores/as europeos vense obrigados a traballar dende o seu domicilio a tempo completo para minimizar o risco de contraer o virus. Trátase dunha nova realidade que pode pasar factura á nosa saúde. Os longos períodos de traballo sedentario, a falta de exercicio físico, o traballo en soidade, os difusos límites entre o traballo remunerado e a vida privada e a tensión son algúns dos riscos que encerra o teletraballo e que poden afectar á saúde musculoesquelética e mental dos traballadores/as.

A nova base de datos da EU-OSHA sobre trastornos musculo esqueléticos (TME), con ferramentas prácticas e orientacións simplifica a avaliación e a xestión de numerosos factores de risco de TME, incluído o teletraballo. Esta base de datos contén ligazóns a recursos de toda Europa: publicacións, estudos de casos, orientacións, ferramentas prácticas e material audiovisual. Na actualidade a base de datos conta con máis de 550 entradas e está previsto actualizala periodicamente durante a campaña 2020-22 «Traballos saudables: Relaxemos as cargas».

Ligazón ao artigo da OSHwiki que contén consellos prácticos sobre o teletraballo desde casa

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS