Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

ORDE do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Galiza

04-10-2021 - DOG

O Plan de lecer nocturno ten como obxectivos proporcionar un marco de estabilidade das condicións de apertura nos establecementos do sector de lecer nocturno, recoller as medidas sanitarias comúns de aplicación en todos os establecementos de lecer nocturno por mor da pandemia de SARS-CoV-2 e establecer as medidas sanitarias de aplicación para garantir un nivel maior de compromiso e obter beneficios adicionais de capacidade máxima e horario nestes establecementos.

O novo plan recolle unhas regras comúns para todos os establecementos de lecer nocturno, como regras de capacidade máxima; uso de máscara; distancia de seguridade; medidas de hixiene, limpeza e desinfección; e, con especial énfase, insístese nas medidas de ventilación. Así mesmo, establece os niveis 1c (ou «unha cunchiña») e 2c (ou dúas cunchiñas), en función das boas prácticas levadas a cabo nos establecementos e da aplicación de medidas sanitarias adicionais que fomenten espazos máis seguros e que ofrezan todas as garantías posibles, sen prexuízo do establecido para o nivel de seguridade.

Este plan sempre estará condicionado á evolución da situación asistencial da Galiza, así como aos parámetros epidemiolóxicos que poidan repercutir na capacidade asistencial do sistema sanitario. Deste xeito, será obxecto de seguimento e de avaliación continua por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública e da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, co asesoramento do Comité Clínico, para propor os cambios e as medidas oportunas.

Ligazón á ORDE do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Galiza publicada no DOG do 1 de outubro de 2021.

Outra información relacionada:

Ligazón ao Protocolo para a pilotaxe da reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Actualización do 17 de xullo de 2021.

Ligazón á ORDE do 23 de setembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Galiza. DOG 23/09/2021 Nº 184-Bis.

Ligazón ao documento Novo Plan de Hostalaría Segura de Galiza. Versión 1.

Ligazón ao apartado web PLAN DE FORMACIÓN GRATUÍDO da Xunta

Ligazón á ORDE do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Galiza. DOG 14/09/2021

Ligazón ao Modelo do Plan de continxencia da hostalaría no contexto da COVID-19 Nivel 1C (unha cunchiña)

Ligazón ao  Modelo de Plan de continxencia da hostalaría no contexto da COVID-19 Nivel 2C (dúas cunchiñas)

Guía para as boas prácticas de ventilación na HOSTALARÍA no contexto da COVID-19. Consellería de Sanidade 27.04.2021

Podes obter máis información sobre o coronavirus na sección específica da nosa páxina web.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS