Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Plan de hostalaría segura de Galiza

15-09-2021 - DOG

O Plan de hostalaría segura de Galiza ten como obxectivos principais proporcionar un marco de estabilidade das condicións de apertura nos establecementos de hostalaría con independencia dos niveis de restricións de cada concello, recoller as medidas sanitarias comúns de aplicación en todos os establecementos de restauración e hostalaría por mor da pandemia de SARS-CoV-2 e establecer as medidas sanitarias de aplicación para garantir un nivel maior de compromiso e obter beneficios adicionais de capacidade e horario nos establecementos de restauración e hostalaría, independentemente da situación epidemiolóxica.

A nova estratexia recollida neste plan responde á situación actual do avanzado estado da vacinación na nosa comunidade: o 82 % da poboación albo e o 73 % da poboación total de Galiza ten a pauta completa. Por outra banda, a ocupación da hospitalización convencional e das unidades de coidados críticos e a porcentaxe de pacientes COVID nos servizos de urxencias tamén permiten o desenvolvemento deste novo plan.

Polo tanto, este plan sempre estará condicionado á evolución da situación asistencial da Galiza, así como dos parámetros epidemiolóxicos que poidan repercutir na capacidade asistencial do sistema sanitario. Deste xeito, será obxecto de seguimento e da avaliación continua por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública e da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, co asesoramento do Comité Clínico, para propoñer os cambios e medidas oportunas.

Ligazón ao documento Novo Plan de Hostalaría Segura de Galiza

Ligazón á ORDE do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 14/09/2021

Ligazón ao Modelo do Plan de continxencia da hostalaría no contexto da COVID-19 Nivel 1C (unha cunchiña)

Ligazón ao  Modelo de Plan de continxencia da hostalaría no contexto da COVID-19 Nivel 2C (dúas cunchiñas)

 

Podes obter máis información sobre o coronavirus na sección específica da nosa páxina web.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS