Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos MERCADOS DE VENDA NON SEDENTARIA

19-06-2020 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición esta guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos mercados de venda non sedentaria que ten como finalidade orientar as actuacións necesarias na fase de reactivación da súa actividade para garantir a saúde das persoas traballadoras.

Nesta guía recóllense unha serie de recomendacións e medidas de contención adecuadas para a protección do persoal vendedor, da propia clientela e viandantes ante a exposición ao coronavirus SARS-CoV-2.

As solucións para implantar na actividade nos mercados de venda non sedentaria deberanse analizar individualmente para adaptalas á súa singularidade e revisaranse en función das actualizacións das medidas propostas pola autoridade sanitaria.

Con carácter máis xeral, débense considerar tamén as recomendacións para a volta ao traballo recollidas no documento Protocolo e guía de boas prácticas dirixida á actividade dos mercados de venda non sedentaria, así como os criterios xerais que se establecen no Procedemento de actuación para os servizos de prevención  de  riscos  laborais  ante a exposición ao SARS-CoV-2.

Ligazón á Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos MERCADOS DE VENDA NON SEDENTARIA

Ligazón ao Protocolo e guía de boas prácticas dirixida á actividade dos mercados de venda non sedentaria

Tes ACTUALIZADAS á túa disposición na nosa páxina web estas e outras DIRECTRICES E RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS POR SECTOR E/OU ACTIVIDADE


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS