Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Consellos sanitarios fronte ao calor durante o brote de COVID-19

02-06-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

Cada ano, as altas temperaturas afectan á saúde de moitas persoas, en particular as persoas maiores, os nenos, os traballadores ao aire libre ou os enfermos crónicos, motivo polo cal, o Ministerio de Sanidade activa o Plan Estatal de Accións Preventivas contra os Efectos do Exceso de Temperaturas e este ano pon a disposición a infografía de consellos sanitarios fronte ao calor durante o brote de COVID-19.

O Plan permanecerá activado dende o 1 de xuño ata o próximo 15 de setembro. Ademais existe un seguimento nos quince días previos e o mes posterior a este período para o caso de que fose necesaria unha activación do Plan Nacional debido a unhas temperaturas anormalmente elevadas que requiran unha activación previa ou unha  reactivación do Plan.

O obxectivo do Plan é previr e mitigar os efectos negativos que a calor excesiva pode ter sobre a saúde dos cidadáns, especialmente nos grupos de risco ou máis vulnerables, tales como persoas maiores, mulleres  xestantes, nenos e enfermos crónicos, así como nas persoas que traballan ou realizan esforzos ao aire libre.

Para minimizar os danos que estas persoas poden sufrir, dede o Ministerio de Sanidade insístese nun decálogo de recomendacións xerais:

- Beba auga ou líquidos con frecuencia, aínda que non senta sede e con independencia da actividade física que realice.

- Non abuse das bebidas con  cafeína, alcol ou grandes cantidades de azucre, xa que poden facer perder máis líquido corporal.

- Aínda que calquera persoa pode sufrir un problema relacionado coa calor, preste especial atención a bebés e nenos pequenos, maiores e persoas con enfermidades que poidan agravarse coa calor e a deshidratación, como as patoloxías cardíacas.

- Permaneza o maior tempo posible en lugares frescos, á sombra ou climatizados, e refrésquese cada vez que o necesite.

- Procure reducir a actividade física e evitar practicar deportes ao aire libre nas horas máis calorosas (de 12.00 a 17.00).

- Use roupa lixeira, folgada e que deixe transpirar.

- Nunca deixe a ningunha persoa nun vehículo estacionado e pechado (especialmente a nenos, anciáns ou enfermos crónicos).

- Consulte ao seu médico ante síntomas que se prolonguen máis dunha hora e que poidan estar relacionados coas altas temperaturas.

- Manteña as súas medicinas nun lugar fresco; a calor pode alterar a súa composición e os seus efectos.

- Faga comidas lixeiras que axuden a repoñer os sales perdidos pola suor (ensaladas, froitas, verduras, zumes, etc.).

Unha das actuacións prioritarias do Plan é a de alertar ás autoridades sanitarias e aos cidadáns coa suficiente antelación de posibles situacións de risco. Para iso, o Ministerio de Sanidade facilitará diariamente ás Comunidades Autónomas as predicións de temperaturas (máximas e mínimas) elaboradas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Esta información tamén estará dispoñible para os cidadáns na páxina web do Ministerio.

O Plan ten en conta as seguintes variables meteorolóxicas: as temperaturas máximas e mínimas previstas a cinco días, as temperaturas máximas e mínimas rexistradas o día anterior ao da data da predición e as temperaturas limiares máximas e mínimas, establecidas en base a estudos epidemiolóxicos que permitiron relacionar o exceso de temperatura e a mortalidade. Ademais, considérase a persistencia no tempo do exceso de temperatura como factor de risco para a saúde. A asignación dos niveis realízase utilizando os seguintes criterios:

O nivel 0 (verde), de ausencia de risco, dáse cando se prevé  que en ningún día do seguintes cinco días consecutivos, sexan superadas as temperaturas limiares.

O nivel 1 (amarelo), de baixo risco, espérase que 1 ou 2 días do seguintes cinco días consecutivos, sexan superadas as temperaturas limiares.

O nivel 2 (laranxa), de risco medio, espérase que 3 ou 4 días do seguintes cinco días consecutivos, sexan superadas as temperaturas limiares.

O nivel 3 (vermello), de alto risco, actívase cando se espera que se superen as temperaturas limiares en cada un dos cinco días seguintes.

Ligazón á nota de prensa

Ligazón á infografía Consellos sanitarios fronte ao calor durante o brote de COVID-19

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS