Manual do Recurso Preventivo e outras vixilancias de traballos11-04-2025 - ISSGA, IAPRL, ICASST e OSALANO Grupo CANO (do que forman parte o ISSGA, IAPRL, ICASST e OSALAN), publica este manual que ten como obxectivo proporcionar unha guía clara e accesible sobre o papel, funcións, alcance, regulación e responsabilidades dos recursos preventivos na xestión da seguridade laboral. A lexislación vixente non define o termino recurso preventivo; con todo, recolle que o empresario/a poderá asignar a presenza a unha ou varias persoas, con formación e capacidade adecuada e suficiente, que dispoñen dos medios e recursos necesarios e son suficientes en número para vixiar o cumprimento das actividades preventivas que así o requiran. Por tanto, considérase recurso preventivo, a estas persoas nomeadas polo empresario/a para cumprir esas funcións. |
|---|
O que debes saber sobre a figura do Recurso Preventivo27-04-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 42No ano 2003, coa publicación da Lei 54/2003 que reformou a Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais (LPRL), aparece no mundo do traballo unha nova figura, o «Recurso Preventivo». Coa devandita figura pretendíase e preténdese garantir a presenza destes “recursos” en operacións ou actividades con especial risco, nas que resulta necesario comprobar que no desenvolvemento das mesmas, se aplican de maneira rigorosa as medidas preventivas e de seguridade derivadas da avaliación de riscos que, á súa vez, deberán estar contempladas na planificación da actividade preventiva, para así poder controlar o seu estrito cumprimentoe que non se produzan desviacións en relación ao previsto e planificado. |
|---|
Coordinación de actividades empresariais09-02-2018 - INSSBTO Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo, publica o video de animación "Coordinación de actividades empresariais" sobre como evitar accidentes na contorna laboral. |
|---|
![]() | NTP 994 O recurso preventivo08-11-2013 - INSHTEsta Nota Técnica de Prevención trata de resolver todas as dúbidas que poidan existir sobre a figura do recurso preventivo, en relación ao seu nomeamento, capacidades de actuación, limitacións, responsabilidades, etc. Ademáis dispón de 3 táboas que pretenden constituír unha ferramenta de utilidade para os técnicos de prevención, para a xestión, detección de necesidades e nombramiento desta importante figura. |
|---|
![]() | O Recurso Preventivo10-10-2012 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 3O recurso preventivo é unha ou varias persoas designadas pola empresa que dispoñen dos medios e coñecementos precisos e son suficientes en número para vixiar o cumprimento das actividades preventivas que así o requiran. A presenza de recurso preventivo é unha medida preventiva complementaria e en ningún caso será un sustituto das medidas preventivas preceptivas nin posibilitará a realización de traballos prohibidos. |
|---|
![]() | COORDINACIÓN EMPRESARIAL EN EMPRESAS QUE CONTRATAN AUTÓNOMOS14-06-2012 - Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no TraballoA coordinación de actividades empresariais regulada no artigo 24 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais e no Real Decreto 171/2004, de 30 de xaneiro, que o desenvolve require un estudo específico cando nun mesmo centro de traballo concorren traballadores autónomos xunto con traballadores doutras empresas. O carácter híbrido do traballador autónomo fai necesario precisar non só os seus dereitos e obrigas cando presta servizos en concorrencia con outros traballadores autónomos ou con traballadores por conta allea dependentes doutras empresas, senón tamén das empresas que os contratan. |
|---|
![]() | A coordinación de actividades empresariais12-03-2012 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 0A LPRL 31/95, proactiva e participativa, establece no artigo 24 obrigas xenéricas de coordinación, mais a súa reforma, Lei 54/03, establece a obriga do seu desenvolvemento regulamentario, do que emana a aprobación do RD 171/04 de coordinación de actividades empresariais, marco normativo que podemos considerar como “ferramenta de traballo técnico, de participación e consulta dos traballadores” para a prevención, a seguridade e a saúde laboral non só nun novo modelo de organización do traballo, senón tamén nunha realidade que fai crible o dito: “As pemes non son as que máis sinistralidade xeran, esto só é certo cando traballan para as empresas grandes.” |
|---|
![]() | Manual do recurso preventivo30-05-2011 - OSALAN-MUTUALIAEste Manual pretende, por unha banda, aclarar conceptos básicos sobre esta nova figura, facilitando ás persoas responsables das empresas o labor de selección e xestión daquelas actividades que deben ser vixiadas (Parte I e II) e por outra banda, poñer ao dispor dos traballadores e traballadoras, que van actuar como Recursos Preventivos, información xeral sobre as medidas preventivas daquelas actividades que fan preciso a presenza do Recurso Preventivo (Parte III). |
|---|
![]() | A presenza do recurso preventivo13-12-2010 - CT 83/10 Criterio técnico sobre a presenza de recursos preventivos nas empresas, centros e lugares de traballoA Lei 54/2003, de 12 de decembro, de Reforma do Marco Normativo de Prevención de Riscos Laborais, a través do seu artigo 4.3. engade un novo artigo 32 bis á Lei31/95, de Prevención de Riscos Laborais, referido á presenza de recursos preventivos. Este artigo é complementado, no que se refire ás obras de construción, por unha nova Disposición adicional, a décimocuarta, que se agrega á referida Lei de Prevención de Riscos Laborais. |
|---|
![]() | Coordinación de Actividades Empresariais R.D. 171/2004, 30 de xaneiro21-07-2010 - Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG |
|---|