Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva / Recurso Preventivo

Manual do recurso preventivo

30-05-2011 - OSALAN-MUTUALIA

Este Manual pretende, por unha banda, aclarar conceptos básicos sobre esta nova figura, facilitando ás persoas responsables das empresas o labor de selección e xestión daquelas actividades que deben ser vixiadas (Parte I e II) e por outra banda, poñer ao dispor dos traballadores e traballadoras, que van actuar como Recursos Preventivos, información xeral sobre as medidas preventivas daquelas actividades que fan preciso a presenza do Recurso Preventivo (Parte III).

 

A información que recolle este manual está baseada na normativa existente relativa ao Recurso Preventivo e nas aclaracións realizadas pola Dirección Xeral de Inspección de Traballo e Seguridade Social no Criterio técnico,  N.º 83/2010 sobre a presenza de Recursos Preventivos nas empresas, centros e lugares de traballo, e o Criterio técnico  N.º 39/2004, que aínda que derrogado, permítenos orientar aos empresarios e empresarias, sobre aquelas actividades consideradas como susceptibles de precisar a presenza dun Recurso Preventivo. Esta información, en calquera caso, debe ser cumprimentada coas instrucións e normas específicas elaboradas pola empresa.

Ligazón ao "Manual do recurso preventivo" OSALAN-MUTUALIA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS