Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva / Recurso Preventivo

A presenza do recurso preventivo

13-12-2010 - CT 83/10 Criterio técnico sobre a presenza de recursos preventivos nas empresas, centros e lugares de traballo

A Lei 54/2003, de 12 de decembro, de Reforma do Marco Normativo de Prevención de Riscos Laborais, a través do seu artigo 4.3. engade un novo artigo 32 bis á Lei31/95, de Prevención de Riscos Laborais, referido á presenza de recursos preventivos. Este artigo é complementado, no que se refire ás obras de construción, por unha nova Disposición adicional, a décimocuarta, que se agrega á referida Lei de Prevención de Riscos Laborais.

No devandito artigo 32 bis da Lei de Prevención de Riscos Laborais establécense os casos nos que será necesaria a presencia de recurso preventivo, así como quen terá consideración de  recurso preventivo.

1. A presencia no centro de traballo dos recursos preventivos, calquera que sexa a modalidade de organización de ditos recursos, será necesaria nos seguintes casos:

a) Cando os riscos podan verse agravados ou modificados no desenvolvemento do proceso ou a actividade, pola concorrencia de operacións diversas que se desenvolven sucesiva o simultaneamente e que fagan preciso o control da correcta aplicación dos métodos de traballo.

b) Cando se realicen actividades ou procesos que regulamentariamente sexan considerados como perigosos ou con riscos especiais.

c) Cando a necesidade de dita presencia sexa requirida pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, se as circunstancias do caso así o esixiran debido ás condicións de traballo detectadas.

2. Considéranse recursos preventivos, aos que o empresario poderá asignar a presencia, os seguintes:

a) Un ou varios traballadores designados da empresa.

b) Un ou varios membros do servicio de prevención propio da empresa.

c) Un ou varios membros do ou dos servicios de prevención alleos concertados pola empresa. Cando a presencia se realice por diferentes recursos preventivos estes deberán colaborar entre si.

3. Os recursos preventivos a que se refire o apartado anterior deberán ter a capacidade suficiente, dispoñer dos medios necesarios e ser suficientes en número para vixiar o cumprimento das actividades preventivas, debendo permanecer no centro de traballo durante o tempo no que se manteña a situación que determine a súa presencia.

4. No obstante o sinalado nos apartados anteriores, o empresario poderá asignar a presencia de forma expresa a un ou varios traballadores da empresa que, sen formar parte do servicio de prevención propio ni ser traballadores designados, reúnan os coñecementos, a cualificación e a experiencia necesarios nas actividades ou procesos a que se refire o apartado 1 e conten coa formación preventiva correspondente, como mínimo, ás funciones do nivel básico.

Neste suposto, tales traballadores manterán a necesaria colaboración cos recursos preventivos do empresario.

No Criterio Técnico 83/10 pódense consultar os seguintes temas relacionados co recurso preventivo:

1. Supostos nos  que é obrigatoria a presenza dos recursos preventivos.

2. Empresas que deben designar ou asignar a presenza de recursos preventivos.

3. Suxeitos aos que se pode asignar as funcións de recurso preventivo.

4. Funcións, facultades e garantía dos recursos preventivos.

5. Capacitación e formación dos recursos preventivos.

6. Infraccións en materia de recursos preventivos.

 

 

Documentos

CT 83 10 sobre a presenza de recursos preventivos nas empresas, centros e lugares de traballo.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS