Mutuas de Accidentes de traballo e enfermidades profesionais23-03-2012 - Datos de localización |
|---|
![]() | Convenio entre o INSS, INGESA e AMAT e as súas posibles derivadas15-09-2025 - BOEO 3 de xullo de 2025 publicouse no BOE a Resolución que incorpora o Convenio subscrito o 9 de xuño de 2025 entre o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INGESA), as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e a Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais (AMAT), co fin “teórico” de mellorar a xestión da incapacidade temporal e a asistencia sanitaria das persoas traballadoras afectadas. |
|---|
Recomendacións básicas ante as malas actuacións das mutuas. Prontuario de actuación02-01-2020 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 35Dende o ano 1995 os sucesivos Gobernos españois veñen aprobando diversas disposicións legais e regulamentarias de cara a facilitar o control, mediante as Mutuas, da asistencia sanitaria da clase traballadora por parte da patronal empresarial. O Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo sobre Incapacidade Temporal e a nova Lei de Mutuas (Lei 35/2014, de 26 de decembro) que modifica a Lei da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das antigas Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, introduciron unha serie de significativos e importantes cambios lexislativos que están a afectar directamente aos dereitos e ás contraprestacións que ata esta reforma viñan recibindo o conxunto dos traballadores. |
|---|
Prontuario de actuación ante as decisións das mutuas18-12-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIGDíptico no que se recollen os conflitos e diversas situacións que adoitan aparecer na relación coas Mutuas (volante de asistencia, derivación ao Servizo Público de Saúde, alta prematura, actos de control da IT, abono dos gastos de transporte, ...) |
|---|
A Seguridade Social, as empresas colaboradoras, as mutuas e o Partido Popular: crónica dunha xestión nefasta e irregular10-04-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 31AS EMPRESAS COLABORADORAS DA SEGURIDADE SOCIAL son aquelas que deciden asumir a xestión, autoasegurando determinadas prestacións, por consideralo convinte aos seus intereses, e non porque estean obrigadas a iso. Esta colaboración voluntaria por parte das empresas admite (artigo 102 Texto Refundido da Lei Xeral da S.S. 2015) as seguintes modalidades: |
|---|
Campaña da dereita política e empresarial para que as mutuas tamén controlen as baixas laborais por enfermidade común10-04-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 31A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) pretende que as mutuas controlen tamén as baixas laborais por enfermidade común, ata agora reservadas á sanidade pública, argumentando a súa preocupación por un supostamente elevado absentismo laboral. Dende os últimos meses do anterior Goberno do PP ata o día de hoxe, as organizacións empresariais e especialmente a CEOE levan activado unha campaña para reclamar a transferencia ás mutuas colaboradoras da Seguridade Social da xestión das baixas laborais por continxencia común, non dubidando para conseguir o seu obxectivo en fabricar unha serie de grandes e insidiosas mentiras coas que poder xustificar tan aberrante decisión. |
|---|
Control da incapacidade temporal e prestacións económicas29-06-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 28Durante o período de incapacidade temporal (IT), dependendo da orixe da situación que nos impide traballar (continxencia común ou profesional) e da duración da IT (ata os 365 días ou superados estes), varias entidades deberán asumir as competencias relacionadas co control da incapacidade temporal: emisión de partes de baixa, confirmación, alta ou inicio de expediente de incapacidade permanente. |
|---|
Proxecto do novo Regulamento da Lei de Mutuas: un novo paso na destrución de dereitos dos/as traballadores/as29-06-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 28Á hora de escribir este artigo, o recentemente destituído Goberno do PP tiña posto enriba da mesa un proxecto de Regulamento da Lei de Mutuas, co que a Seguridade Social pretende incrementar a capacidade das Mutuas para intervir en materias tan importantes e sensibles para os/as traballadores/as como as relativas ao control das incapacidades temporais, recuperando e impoñendo incluso propostas que no seu momento foron rexeitadas no proceso de tramitación da propia Lei de Mutuas aprobada no ano 2014, impulsando e agrandando perigosamente os desequilibrios existentes entre os dereitos dos/as traballadores/as e os das empresas. |
|---|
A importancia da correcta determinación da continxencia causante dun proceso de incapacidade temporal30-04-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 27O dicionario define continxencia como a posibilidade de que algo suceda ou non; no caso que nos ocupa, a incapacidade temporal, entendemos por continxencia a posibilidade de que o/a traballador/a sufra unha enfermidade ou accidente que o/a imposibilite para desenvolver o seu traballo. A continxencia pode ser común, no caso de que o/a traballador/a padeza unha enfermidade ou sufra un accidente que nada teñen que ver co traballo, ou profesional, cando o desenvolvemento do traballo é a orixe de alteracións da saúde que teñen consideración de enfermidade profesional ou accidente de traballo. |
|---|
Real Decreto 231/2017, de 10 de marzo: A sinistralidade laboral como escusa para financiar a fondo perdido a mutuas e empresas01-06-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 24A todas luces a redución da sinistralidade laboral debería ser un obxectivo innegociable e prioritario, dada a súa extraordinaria relevancia económica, social e humana. En maior medida se acaso, cando os distintos indicadores deixan entrever un incremento significativo e constante da sinistralidade que, dende fai xa bastante tempo, aconsella a inmediata adopción de medidas destinadas a conter e reducir esta inasumible lacra sociolaboral. |
|---|
O novo modelo de xestión da IT: un risco para as traballadoras e traballadores23-12-2014 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 12Ante calquera tipo de patoloxía, lesión ou enfermidade, os recoñecementos facultativos e a realización das probas médicas oportunas, constitúen factores esenciais para a realización dun diagnóstico acertado máis aló de toda especulación, teña esta fundamento ou non. Neste senso o diagnóstico axeitado e veraz, constitúe a base fundamental a partir da cal os servizos médicos competentes poden establecer un determinado cadro clínico e prescribir unha adecuada estratexia terapéutica, orientada á melloría e restitución da saúde do paciente. Sirva como exemplo para ilustrar esta análise o seguinte caso do que tivemos coñecemento a través do noso punto de asistencia técnica en Ferrol. |
|---|
O novo proxecto de lei de Mutuas e o Real Decreto 625/2014 de xestión da incapacidade temporal (IT): UN ATAQUE FRONTAL E DIRECTO CONTRA A CLASE TRABALLADORA13-10-2014 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 11O Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo sobre Incapacidade Temporal e o novo proxecto de Lei de Mutuas que modifica a Lei da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das antigas Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, introducen unha serie de significativos e importantes cambios lexislativos que afectan directamente aos dereitos e ás contraprestacións que até agora viñan recibindo o conxunto dos/as traballadores e traballadoras. |
|---|
A CIG rexeita a reforma das Mutuas proposta polo goberno español. Intentan desmantelar instrumentos útiles na prevención de riscos laborais26-03-2014 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 9No Anteproxecto recóllense unha serie de medidas totalmente rexeitables como a posibilidade das Mutuas de intervir dende o primeiro día da IT, a través de convocatorias e recoñecementos da persoa enferma, así como a facultade de propor a alta médica e que esta se faga efectiva se a Inspección Sanitaria da Seguranza Social non se opón, ou non contesta, antes de cinco días. Medidas estas que supoñen un custo persoal e económico para as persoas enfermas e una situación de maior desprotección fronte ás decisións das Mutuas que, non o esquezamos, son Mutuas patronais onde priman os criterios de aforro sobre os criterios de saúde na xestión das baixas médicas. |
|---|
![]() | A Incapacidade Laboral: orixes e prestacións11-10-2013 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 7A incapacidade laboral é a situación que afronta un traballador ou traballadora ante a imposibilidade para traballar como consecuencia dunha enfermidade común ou dun accidente ou enfermidade de orixe laboral. Pese a que neste artigo imos a tratar en máis profundidade as incapacidades laborais derivadas das continxencias profesionais, é dicir, as que derivan directamente do traballo, é importante diferenciar entre a Continxencia Común e a Continxencia Profesional debido sobre todo ás repercusións económicas que a determinación dunha ou doutra pode traer para o traballador ou traballadora. |
|---|
![]() | Análise do proxecto de real decreto polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos pirmeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración10-05-2013 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 5O proxecto de Real decreto polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, suponse que debería responder ao obxectivo de mellorar a xestión e o control dos procesos de incapacidade temporal (IT), sen menoscabo algún do marco de garantías asociadas ao dereito á protección sociolaboral e á saúde do conxunto dos traballadores/as. |
|---|
![]() | Problemas coas Mutuas?03-07-2012 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 2As mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais (MATEPSS) son entidades colaboradoras da Seguridade Social que deben funcionar baixo a tutela e vixilancia do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A inspección e control da mutua como entidade colaboradora da Seguridade Social corresponde á Secretaría de Estado da Seguridade Social (Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social). |
|---|
![]() | Os procedementos de determinación de continxencias12-03-2012 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 0Na Galiza, e en todo o estado español, moitos accidentes de traballo e enfermidades profesionais son tramitados como enfermidade común; estímase que durante oano 2011 houbo unhas 11.981 declaracións de enfermidades con patoloxías non traumáticas asociadas ao traballo. Este tipo de patoloxías, que non teñen o recoñecemento de enfermidades profesionais, recaen sobre o sistema público de saúde -cun custe sanitario estimado de entre 150 e 372 millóns de euros- e non nas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da seguridade social que deberían ser as encargadas da súa atención. |
|---|
![]() | As mutuas baixo control02-03-2011 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG. |
|---|
![]() | Oficina virtual de reclamacións ás mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais01-03-2011 - Gabinete Técnico Conferal de Saúde Laboral - CIG. |
|---|
![]() | Os incumprimentos das mutuas. Un importante problema que temos que resolver. Guía de actuación sindical20-12-2010 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG. |
|---|