Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva / Mutuas

A Incapacidade Laboral: orixes e prestacións

11-10-2013 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 7

A incapacidade laboral é a situación que afronta un traballador ou traballadora ante a imposibilidade para traballar como consecuencia dunha enfermidade común ou dun accidente ou enfermidade de orixe laboral. Pese a que neste artigo imos a tratar en máis profundidade as incapacidades laborais derivadas das continxencias profesionais, é dicir, as que derivan directamente do traballo, é importante diferenciar entre a Continxencia Común e a Continxencia Profesional debido sobre todo ás repercusións económicas que a determinación dunha ou doutra pode traer para o traballador ou traballadora.

A continxencia común trátase dunha enfermidade que nada ten que ver coa nosa actividade profesional, mentras que a continxencia profesional ten relación causa-efecto directa coa nosa actividade profesional, por iso as coberturas son diferentes, tal e como se poderá comprobar no apartado relativo aos tipos de incapacidade laboral que se desenvolve ao longo deste artigo.

Nos casos nos que existen dúbidas sobre a orixe profesional dunha enfermidade, ou ben a Mutua ou entidade xestora non admite esta cualificación, esta debe ser remitida ao Instituto Nacional da Seguridade Social  INSS, que é en definitiva a entidade con habilitación e competencia para cualificar ou non, unha enfermidade como profesional. Este proceso chámase Determinación de Continxencias.

A declaración de enfermidade profesional pódese producir tanto para traballadores que non están de alta na Seguridade Social, como incluso para aqueles outros/as xa xubilados/as.

Para a realización desta función de valoración médica, o INSS conta coas Equipas de Valoración de Incapacidades (EVIs)

SON COMPETENCIAS DO INSS NESTA MATERIA

Avaliar, cualificar e revisar os procesos de incapacidade laboral.

Recoñecer o dereito do traballador/a ás prestacións económicas contributivas da SS.SS. por invalizadez permanente.

Identificar e determinar as continxencias (causas) da invalidez no grao que lle corresponda.

Decidir sobre a convenencia de prórroga do período de observación médica nas doenzas profesionais e sobre o recoñecemento do dereito ao subsidio.

Determinar que Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social ou empresa colaboradora, é responsable en relación ás prestacións por incapacidade laboral ou lesións permanentes non invalidantes que correspondan.

Declarar a responsabilidade empresarial que corresponda por inexistencia de alta, cotización ou adecuación das medidas preventivas esixibles, así como determinar a porcentaxe de recargo nas prestacións económicas a que haxa lugar.

GRAOS DE INCAPACIDADE LABORAL

As enfermidades ou doenzas procedentes de continxencias  profesionais poden dar lugar a diversos graos de incapacidade laboral.

Prestacións sanitarias e económicas derivadas dunha doenza profesional:

Contidos da prestación sanitaria:

Outras medidas incentivadoras da prevención:

TIPOS DE INCAPACIDADE LABORAL E CONTÍAS A PERCIBIR.

INCAPACIDADE TEMPORAL

A incapacidade temporal é a situación na que se atopa un traballador/a que en principio está temporalmente incapacitado para traballar e precisa asistencia sanitaria para a súa recuperación.Os/as traballadores/as que se atopan nesta situación teñen dereito a percibir unha prestación económica co gallo de paliar a ausencia de salarios debido a imposibilidade de traballar. 

INCAPACIDADE TEMPORAL

Cotización Previa Necesaria

Contía da Prestación

ENFERMIDADE COMÚN

180 días dentro dos 5 anos inmediatamente anteriores

60% da Base reguladora (BR) dende o 4º ao 20ª día inclusive.

75% da BR dende o día 21 en adiante.

ACCIDENTE NON LABORAL

-------------------------------

60% da Base reguladora (BR) dende o 4º ao 20ª día inclusive.

75% da BR dende o día 21 en adiante

ENFERMIDADE PROFESIONAL

-------------------------------

75% da BR dende o día do nacemento do dereito.

ACCIDENTE LABORAL

-------------------------------

75% da BR dende o día do nacemento do dereito.

Nestes supostos habería que incluir o chamado Período de observación da enfermidade profesional (artigos 133 e 128 1.b do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, TRLXSS), entendido como o tempo necesario para o estudio médico e a determinación das causas da enfermidade profesional, cunha duración máxima de 6 meses prorrogables a outros 6 meses cando se estime necesario para un axeitado diagnóstico.

INCAPACIDADE PERMANENTE

Alteración continuada da saúde que imposibilita ou limita total ou parcialmente a quen a padece para a realización dunha actividade profesional.

Normalmente esta situación acontece logo de que o traballador/a estivera sometido ao tratamento prescrito e a pesares de ser dado/a de alta médica, este/a segue  a presentar reducións anatómicas ou funcionais graves -suscetibles dunha determinación obxectiva e previsiblemente definitiva-, que rematan por diminuir ou anular a súa capacidade laboral.

Refírese logo á  situación de incapacidade que subsiste logo de extinguida a incapacidade temporal polo transcurso do prazo máximo de duración. Extinguida deste xeito a  incapacidade temporal procederíase, no termo de tres meses, a examinar ao traballador/a para determinar o grao de incapacidade permanente que lle correspondería.

Así logo  en función do grao de incapacidade recoñecida podemos distinguir entre:

Invalidez Permanente Parcial para a Profesión Habitual. É aquela que sen chegar á incapacidade total, ocasiona ao traballador/a unha diminución non inferior ao 33% do seu rendimento normal para dita profesión, sen chegar a impedirlle a realización das tarefas fundamentais da mesma. É compatible con calquera outra actividade laboral (por conta propia ou allea) e compatible co mantemento do traballo que víñese desenvolvendo.

INVALIDEZ PERMANENTE PARCIAL

TEMPO ESIXIDO COTIZACIÓN PREVIA

CONTÍA DO SUBSIDIO OU PRESTACIÓN

Enfermidade común

1800 días cotizados nos 10 anos anteriores á extinción da incapacidade temporal que derive en permanente.

24 mensualidades da B.R. empregada no cálculo da prestación por I.T. da que derívase a Incapacidade Permanente.

Accidente non laboral

Non existe obriga

Igual que o anterior

Enfermidade Profesional

Non existe obriga

Igual que o anterior

Accidente de Traballo

Non existe obriga

Igual que o anterior

Invalidez Permanente Total para a Profesión Habitual. É consecuencia da incapacidade que inhabilita ao traballador/a para a realización de todas o das fundamentais tarefas de dita profesión, sempre que este poida adicarse a outra distinta.

Compatibilidades:

É compatible coa realización de calquera traballo por conta propia ou allea na mesma empresa ou noutra distinta, se ben o traballador pensionista debe comunicar á entidade xestora (habitualmente a mutua que corresponda) dita circunstancia. Asemade se se realizan traballos suscetibles de inclusión nalgún réxime da SS.SS., débese cursar alta e cotizar.

Incompatibilidades da percepción da pensión:

É incompatible co desempeño do mesmo posto na empresa.

O incremento do 20% da pensión nos maiores de 55 anos é incompatible coa realización de traballos por conta propia ou allea e coas prestacións da SS.SS. que se poidan derivar destos.

INVALIDEZ PERMANENTE TOTAL

REQUISITOS-TEMPO ESIXIDO COTIZACIÓN PREVIA

CONTÍA DO SUBSIDIO OU PRESTACIÓN

Enfermidade común

Ter menos de 65 anos na data do feito causante, ou non reunir os requisitos para acceder á pensión de xubilación contributiva.

Estar afiliados/as e en alta, ou en situación de asimilación á alta.

O tempo de cotización esixido varía en función da idade, > ou < de 31 anos.

55% da B.R. que corresponda.

Increméntase nun 20% para os maiores de 55 anos, cando se presume dificultade para obter emprego nunha actividade distinta da habitual..

Accidente non laboral

Ter menos de 65 anos na data do feito causante, ou non reunir os requisitos para acceder a pensión de xubilación contributiva.

Estar afiliados/as e en alta, ou en situación de asimilación á alta.

 55% da B.R. que corresponda.

Increméntase nun 20% para os maiores de 55 anos, cando se presume dificultade para obter emprego nunha actividade distinta da habitual..

Enfermidade Profesional

Accidente de Traballo

Os/as traballadores/as consideraranse de pleno dereito, afiliados e en alta, aínda que o empresario teña incumprido as súas obrigas.

Igual que os anteriores, mais neste caso a B.R. calcúlase sobre salarios reais, sempre dentro dos topes máximo e mínimo de cotización

 

Invalidez Permanente Absoluta para calquera Profesión. É a incapacidade que inhabilita ao traballador para toda profesión ou oficio.

INVALIDEZ PERMANENTE ABSOLUTA

REQUISITOS-TEMPO ESIXIDO COTIZACIÓN PREVIA

CONTÍA DO SUBSIDIO OU PRESTACIÓN

Enfermidade común

Ter menos de 65 anos na data do feito causante, ou non reunir os requisitos para acceder a pensión de xubilación contributiva.

Estar afiliados/as e en alta, ou en situación de asimilación á alta.

O tempo de cotización esixido varÍa en función da idade, > ou < de 31 anos.

100% da B.R. que corresponda.

 

 

Accidente non laboral

Ter menos de 65 anos na data do feito causante, ou non reunir os requisitos para acceder a pensión de xubilación contributiva.

Estar afiliados/as e en alta, ou en situación de asimilación á alta.

100% da B.R. que corresponda

Enfermidade Profesional

Accidente de Traballo

Os/as traballadores/as consideraranse de pleno dereito, afiliados e en alta, aínda que o empresario teña incumprido as súas obrigas.

100% da B.R. que corresponda.

A B.R. calcúlase sobre salarios reais, sempre dentro dos topes máximo e mínimo de cotización

Gran Invalidez. É a situación do traballador/a con incapacidade permanente e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesita a asistencia doutras persoas para o normal desenvolvemento da vida diaria.

GRAN  INVALIDEZ

REQUISITOS-TEMPO ESIXIDO COTIZACIÓN PREVIA

CONTÍA DO SUBSIDIO OU PRESTACIÓN

Enfermidade común

Ter menos de 65 anos na data do feito causante, ou non reunir os requisitos para acceder a pensión de xubilación contributiva.

Estar afiliados/as e en alta, ou en situación de asimilación á alta.

O tempo de cotización esixido varía en función da idade, > ou < de 31 anos.

Prestación correspondente á Incapacidade Permanente (I.P.) incrementada cun complemento do  45% da base mínima de cotización vixente do R.X., calquera que sexa o réxime no que se recoñeza a pensión, máis o 30% da última base de cotización do traballdor/a correspondente á continxencia da que se derive a IP. Complemento nunca inferior ao 45% da pensión percibida sen complemento.

Accidente non laboral

Ter menos de 65 anos na data do feito causante, ou non reunir os requisitos para acceder a pensión de xubilación contributiva.

Estar afiliados/as e en alta, ou en situación de asimilación á alta.

Prestación correspondente á Incapacidade Permanente (I.P.) incrementada cun complemento do  45% da base mínima de cotización vixente do R.X., calquera que sexa o réxime no que se recoñeza a pensión, máis o 30% da última base de cotización do traballdor/a correspondente á continxencia da que se derive a IP. Complemento nunca inferior ao 45% da pensión percibida sen complemento.

Enfermidade Profesional

Accidente de Traballo

Os/as traballadores/as consideraranse de pleno dereito, afiliados e en alta, aínda que o empresario teña incumprido as súas obrigas.

Prestación correspondente á Incapacidade Permanente (I.P.) incrementada cun complemento do  45% da base mínima de cotización vixente do R.X., calquera que sexa o réxime no que se recoñeza a pensión, máis o 30% da última base de cotización do traballdor/a correspondente á continxencia da que se derive a IP. Complemento nunca inferior ao 45% da pensión percibida sen complemento.

Documentos

ARTIGO 3 BOLETIN GALEGO N 7.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS