Control da incapacidade temporal e prestacións económicas29-06-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 28Durante o período de incapacidade temporal (IT), dependendo da orixe da situación que nos impide traballar (continxencia común ou profesional) e da duración da IT (ata os 365 días ou superados estes), varias entidades deberán asumir as competencias relacionadas co control da incapacidade temporal: emisión de partes de baixa, confirmación, alta ou inicio de expediente de incapacidade permanente. |
|---|
Así, entre o día 1 e o día 365 da IT, poderán encargarse do control da IT,
- O Servizo Público de Saúde (SPS), que se encarga da asistencia sanitaria a través dos seus centros públicos.
- O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Entidade Xestora da Seguridade Social, que ten encomendada a xestión e administración das prestacións económicas do sistema da Seguridade Social, así como o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria.
- O Instituto Social da Mariña (ISM), Entidade Xestora da Seguridade Social, que ten encomendada a xestión, administración e recoñecemento do dereito ás prestacións do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar. Tamén ten a encomenda de inscrición de empresas, afiliación, altas e baixas de traballadores/as, recadación e control de cotizacións así como a asistencia sanitaria dos/as traballadores/as do mar e os seus beneficiarios/as.
- As Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, asociacións privadas de empresarios/as que teñen encomendada entre outras a xestión das prestacións económicas e da asistencia sanitaria, incluída a rehabilitación, comprendidas na protección das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social e a xestión da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencia común.
- As empresas colaboradoras, que teñan asumidas as competencias na xestión da asistencia sanitaria e da IT derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional.
|
QUE ENTIDADES INTERVEÑEN NO CONTROL DA IT? ================================== |
CALES SON AS SÚAS COMPETENCIAS? ================================================ |
|
Servicio Público de Saúde (SPS) ____________________________________________ |
|
|
Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)
____________________________________________ |
|
|
Instituto Social da Mariña (ISM) ____________________________________________ |
|
|
Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social ____________________________________________ |
|
|
Empresas colaboradoras ____________________________________________ |
|
Unha vez superados os 365 días en situación de IT, o INSS ou o ISM son os únicos competentes para :
Durante o período de baixa por incapacidade temporal, o/a traballador/a ten dereito a percibir unha prestación económica sempre que:
- estea afiliado/a á Seguridade Social e en situación de alta ou asimilado ao alta.
- teña cotizados polo menos 180 días nos 5 anos anteriores en caso de continxencia común (en continxencia profesional non é preciso ter período de cotización previo).
A contía da prestación dependerá da continxencia (común ou profesional) e do convenio de aplicación. Así,
CONTINXENCIA COMÚN:
- Os tres primeiros días non se cobra nada, agás que o convenio indique outra cousa.
- Do día 4 ao día 20, percíbese o 60% da Base Reguladora + Complemento recollido no convenio (no caso de que exista).
- A partires do día 21 percíbese o 75% da Base Reguladora + Complemento recollido en convenio (no caso de que exista).
CONTINXENCIA PROFESIONAL:
- Dende o primeiro día percíbese o 75% da Base Reguladora + Complemento recollido en convenio (no caso de que exista).
A quen lle corresponde o pago da prestación por IT?
En caso de continxencia común:
- Nos tres primeiros días e só no caso de estar recoñecido en convenio o abono dunha parte ou da totalidade do salario deses días, será o/a empresario/a quen asuma o pago.
- Do día 4 ao día 15 correspóndelle ao empresario/a.
- A partires do día 16 o abono é responsabilidade do INSS, ISM ou Mutua (no caso de que o/a empresario/a teña contratado o abono da prestación por continxencia común coa mutua), aínda que sexa o/a empresario/a quen realiza o pago material en concepto de pago delegado (a empresa aboa a prestación na contía que corresponda como se se tratase do salario; a empresa recibe o importe aboado en forma de desconto no pago dos seguros sociais). Esta situación remata, se non se produce a alta antes, o último día do mes no que a Entidade Xestora competente teña ditado resolución na que se declare a prórroga (logo de chegados os 365 días) ou o inicio dun expediente de incapacidade permanente. A partires desa data o/a traballador/a recibirá a prestación, na modalidade de pago directo, da Seguridade Social ou da Mutua.
En caso de continxencia profesional:
- O abono é responsabilidade da Mutua, do INSS ou do ISM, aínda que a materialidade do pago a realice o/a empresario/a en concepto de pago delegado. Igual que no caso de continxencia común esta situación remata, se non se produce a alta antes, o último día do mes no que a Entidade Xestora competente teña ditado resolución na que se declare a prórroga (logo de chegados os 365 días) ou o inicio dun expediente de incapacidade permanente. A partires desa data o/a traballador/a recibirá a prestación, na modalidade de pago directo, da Seguridade Social ou da Mutua.
Nota.- No caso de estar a percibir prestacións contributivas por desemprego e se pase á situación de IT, o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) aboará a prestación por IT en réxime de pago delegado ata que se esgote a prestación por desemprego, máis as cotizacións á Seguridade Social (aportación da empresa e do/a traballador/a). Se se continúa en situación de IT esgotado o período de desemprego, pasa a aboar a prestación o INSS.
Situacións nas que INSS, ISM ou Mutua son responsables do pago directo da prestación:
É preciso indicar que dada a complexidade da problemática da Incapacidade Temporal, esta información ten un carácter xeral. No caso de precisar asesoramento para clarificar dúbidas en relación a casos particulares o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral ten a disposición un punto de asistencia en liña accesible a través da portada da web www.cigsaudelaboral.org, así como puntos de asistencia presenciais (ver contacto na mesma web).
Máis información en http://www.seg-social.es/
Podes imprimir este artigo, en formato folleto, no PDF adxunto.