Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva / Recurso Preventivo

Coordinación de actividades empresariais

09-02-2018 - INSSBT

O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo, publica o video de animación "Coordinación de actividades empresariais" sobre como evitar accidentes na contorna laboral.

COORDINACIÓN EMPRESARIAL EN EMPRESAS QUE CONTRATAN AUTÓNOMOS

14-06-2012 - Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo

A coordinación de actividades empresariais regulada no artigo 24 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais e no Real Decreto 171/2004, de 30 de xaneiro, que o desenvolve require un estudo específico cando nun mesmo centro de traballo concorren traballadores autónomos xunto con traballadores doutras empresas. O carácter híbrido do traballador autónomo fai necesario precisar non só os seus dereitos e obrigas cando presta servizos en concorrencia con outros traballadores autónomos ou con traballadores por conta allea dependentes doutras empresas, senón tamén das empresas que os contratan.

A presenza do recurso preventivo

13-12-2010 - CT 83/10 Criterio técnico sobre a presenza de recursos preventivos nas empresas, centros e lugares de traballo

A Lei 54/2003, de 12 de decembro, de Reforma do Marco Normativo de Prevención de Riscos Laborais, a través do seu artigo 4.3. engade un novo artigo 32 bis á Lei31/95, de Prevención de Riscos Laborais, referido á presenza de recursos preventivos. Este artigo é complementado, no que se refire ás obras de construción, por unha nova Disposición adicional, a décimocuarta, que se agrega á referida Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Coordinación de Actividades Empresariais R.D. 171/2004, 30 de xaneiro

21-07-2010 - Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS