![]() | Amianto, PERIGO14-07-2010 - Amianto |
|---|
![]() | COMPILACIÓN NORMATIVA E GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS DO AMIANTO09-11-2010 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIGAmianto |
|---|
![]() | Recursos na rede27-01-2026 - AMIANTO |
|---|
![]() | Lexislación relacionada22-01-2026 - AMIANTO |
|---|
![]() | Documentos de interese27-01-2026 - AMIANTO |
|---|
![]() | Retroactividade para valorar os danos por amianto20-05-2026 - SENTENZA TRIBUNAL SUPREMOA sentenza do Tribunal Supremo (Sala I) 951/2025, do 17 de xuño, introduciu un cambio transcendental na xurisprudencia ao permitir a aplicación orientadora do baremo de valoración de danos estabelecido pola Lei 35/2015, do 22 de setembro, para cuantificar indemnizacións por prexuízos derivados da exposición ao amianto, mesmo en casos ocorridos antes da entrada en vigor da devandita norma. Este fallo, que aborda un caso de danos sufridos por un traballador dunha fábrica debido á inhalación de amianto, rompe coa tradición xurisprudencial que limitaba a aplicación do baremo ao marco legal vixente no momento do dano. |
|---|
![]() | Novo valor ambiental de amianto: cando o límite legal é máis esixente que o método de medida23-04-2026 - AMIANTOCoa publicación do novo Valor Límite Ambiental para fibras de amianto nos recentemente actualizados LEP 2026, trasponse a normativa española á directiva europea 2023/2668 que entre outras cousas fixaba unha diminución para este VLA. O anterior VLA de exposición laboral en España fixado en 0,1 fibras/cm3 coa transposición da normativa europea, pasa a ser de 0,01 fibras/cm³, é dicir, dez veces máis estrito. O método actual de Microscopia Óptica de Contraste de fases queda demasiado preto do seu propio límite técnico |
|---|
![]() | Publicadas as NTP 1217 e 1225 sobre exposición pasiva e xestión de actividades con amianto27-01-2026 - INSSTA NTP 1217 complementa o conxunto de NTP sobre xestión segura de amianto (partes I e II) publicadas en 2024, así como a NTP 1225 sobre xestión e diagnóstico de amianto (parte III). A NTP 1225 forma parte dun conxunto sobre a xestión segura de amianto cuxo obxectivo é axudar a abordar, de forma proactiva e global, o risco de exposición a este carcinóxeno en calquera tipo de empresa en cuxas instalacións estean presentes materiais con amianto. |
|---|
![]() | Directrices para a xestión dos riscos para a saúde e a seguridade relacionados co amianto no traballo05-01-2026 - COMISIÓN EUROPEAEsta guía ten como obxectivo actualizar e seguir desenvolvendo as directrices existentes da UE, tendo en conta os recentes avances técnicos, xurídicos e científicos, incluída a revisión de 2023 da Directiva sobre o amianto no traballo; Aumentar a concienciación sobre os riscos do amianto entre persoas empregadoras e traballadoras; Incrementar a adopción de boas prácticas proporcionando exemplos de solucións para a xestión do amianto no lugar de traballo e reducir as desigualdades proporcionando información adicional sobre boas prácticas ás partes interesadas en toda a UE, incluídos os Estados membros onde a orientación dispoñible é comparativamente menor. |
|---|
![]() | Metodoloxía de valoración do risco potencial dos materiais con amianto instalados03-12-2025 - INSSTO obxecto do presente documento é estabelecer unha metodoloxía para a valoración do risco potencial, en contornas laborais, por exposición a fibras de amianto procedentes de materiais con amianto aínda instalados en edificacións ou instalacións, co fin de facilitar a toma de decisións sobre a prioridade de retirada e a adopción de medidas de control ou mantemento preventivo, á espera de proceder á súa retirada. |
|---|
![]() | Guía de actuación inspectora: Control do cumprimento da normativa sobre o risco de amianto17-11-2025 - ITSSO obxectivo desta guía é orientar ás empresas no cumprimento da normativa reguladora da exposición laboral ao amianto desde a perspectiva da seguridade e saúde no traballo. |
|---|
![]() | A toma de mostra no procedemento de medida de fibras de amianto en aire (MTA/MA-051)17-11-2025 - INSSTEste documento é un folleto técnico divulgativo que atende a unha acción de sensibilización sobre a importancia da toma de mostra na determinación da concentración ambiental de fibras de amianto no aire dos lugares de traballo, máis tendo en conta que a Directiva 2023/2668 de amianto estabelece un valor límite de 0,01 fibras/cm3, dez veces inferior ao existente e que deberá ser incorporado á normativa Estatal. |
|---|
![]() | PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DAS PERSOAS TRABALLADORAS EXPOSTAS AO AMIANTO. Disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.29-09-2025 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIGA prohibición de produción e instalación de produtos e materiais que conteñen amianto, produciuse no Es-tado español no mes de decembro do ano 2021. Tendo en conta que a duración destes produtos e mate-riais é de aproximadamente 25-30 anos, atopámonos con que nos vindeiros 10 anos debería darse unha retirada masiva e continua dos elementos con amianto, respectando e implementando os protocolos de seguridade e saúde laboral contemplados na lexislación vixente para os procesos de desmontaxe, en-capsulación, transporte e eliminación ou almacenamento destes materiais. |
|---|
![]() | Proposta de modificación dos contidos do Real Decreto 396/2006, de 31 de marzo, para a súa obrigatoria concordancia coa directiva europea 2023/2668. Grupo de traballo amianto da CNSST29-09-2025 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIGA publicación da Directiva (UE) 2023/2668, do 22 de novembro, pola que se modifica a Directiva 2009/148/CE sobre a protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición ao amianto durante o traballo, e a súa preceptiva transposición ao ordenamento Estatal, fai necesario unha detallada análise do seu contido para determinar as consecuentes modificacións que vai requirir o RD 396/2006, do 31 de marzo, polo que se estabelecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto. |
|---|
![]() | Real Decreto 483/2025 de 17 de xuño polo que se estabelecen os requisitos e se regula o procedemento para recoñecer o dereito á compensación económica ás vítimas do amianto29-09-2025 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralEste Real Decreto ten por obxecto desenvolver o disposto na Lei 21/2022 de 19 de outubro, de creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto, regulando a determinación das persoas beneficiarias, requisitos, procedemento para o recoñecemento do dereito á compensación económica e o seu importe. |
|---|
Real Decreto 483/2025, do 17 de xuño, polo que se estabelecen os requisitos e se regula o procedemento para recoñecer o dereito á compensación económica para as vítimas do amianto.18-06-2025 - AMIANTOEste real decreto ten por obxecto desenvolver o disposto na Lei 21/2022, do 19 de outubro, e regular a determinación das persoas beneficiarias, os requisitos, o procedemento para o recoñecemento do dereito á compensación económica e o seu importe, segundo o previsto na citada lei. |
|---|
Folleto: Amianto, risco emerxente na construción: un inimigo oculto - Ano 202417-01-2025 - INSSTEste folleto divulgativo do INSST pretende sensibilizar a todas as persoas implicadas sobre a importancia de previr o risco de exposición laboral a amianto e informar ao sistema preventivo. O fin último deste documento é evitar exposicións “pasivas” (accidentais), tanto de persoas traballadoras non especializadas en amianto que interveñen en obras de reforma, rehabilitación ou desmantelamento, como doutras persoas afectadas, en caso de xerar focos de emisión de fibras de amianto ao ambiente como consecuencia da obra. |
|---|
XESTIÓN PREVENTIVA DOS TRABALLOS CON AMIANTO NA GALIZA: reformas, reparación e mantemento05-12-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGAínda que no Estado español está prohibida a utilización e comercialización do amianto dende o 14 de decembro de 2002 e no ámbito da Unión Europea prohibiuse a utilización de todo tipo de amianto dende o 1 de xaneiro de 2005, o amianto, que foi amplamente utilizado no pasado, continúa formando parte de numerosos materiais presentes en edificios, instalacións industriais, maquinaria, vehículos de transporte ... |
|---|
Directrices para a retirada do amianto instalado05-07-2024 - INSSTO presente documento constitúe unha guía metodolóxica de carácter non vinculante dirixida aos concellos para apoiarlles na elaboración dos censos municipais de amianto segundo a obrigación que deriva da disposición adicional décimo cuarta da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular, e sempre que non se aproben outros regulamentos normativos que desenvolvan dita disposición. |
|---|
Análise crítico do “Proxecto de Real Decreto polo que se regula o fondo de compensación para as vítimas do amianto en desenvolvemento da lei 21/2022, de 19 de outubro”. Posicionamento da CIG18-06-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGA exposición ao amianto pode provocar distintas patoloxías -contempladas no Anexo I deste proxecto de RD- dunha determinada gravidade, que co tempo poden evolucionar noutras patoloxías de maior gravidade e/ou con maior afectación funcional. Así as cousas non é xusto nin equitativo que unha persoa afectada pola exposición ao amianto e inicialmente diagnosticada cunha determinada enfermidade e polo tanto compensada cunha determinada contía, non teña dereito a recibir a posteriori a contía que lle correspondería como consecuencia da evolución da súa enfermidade a outra patoloxía derivada da súa exposición ao amianto. |
|---|
NTP 1196 Amianto: Xestión e diagnóstico (parte II): Proceso de diagnóstico e plan de xestión de materiais con amianto10-06-2024 - INSSTEsta NTP (parte II) é a continuación da NTP 1195 (parte I), que propón un esquema xeral para a xestión segura dos materiais con amianto e describe o “diagnóstico de amianto” entendéndoo como un proceso de dúas etapas: (1) localización e identificación de MCA presentes no edificio ou instalación e (2) valoración do nivel de risco potencial asociado a cada MCA. Seguidamente describe a súa utilidade para elaborar un “rexistro de MCA” e introdúcese o “plan de xestión de MCA”, como ferramenta de planificación preventiva. |
|---|
NTP 1195 Amianto: Xestión e diagnóstico (parte I): Esquema xeral de actuación preventiva e xestión segura de MCA en lugares de traballo28-05-2024 - INSSTEsta NTP (parte I) propón un esquema xeral para a xestión segura do amianto que aínda permanece instalado, aplicable a calquera tipo de empresa, co fin de axudar a tomar decisións e priorizar actuacións preventivas. |
|---|
![]() | Nova condena a Renfe por non cumprir coa mínima norma de seguridade e hixiene a pesar de coñecer o perigo do amianto14-05-2024 - SENTENZAO Tribunal Superior de Xustiza de Asturias desestimou o recurso da compañía ferroviaria Renfe Viaxeiros S.A. contra a sentenza de data 19 de xaneiro de 2023 ditada polo Xulgado do Social núm. 1 de Oviedo por non cumprir coas mínimas normas de seguridade e hixiene a pesar de coñecer o perigo do amianto e que provocou a morte dun traballador. |
|---|
Intelixencia artificial para detectar o amianto pendente de retirar de tellados08-05-2024 - AMIANTOUn equipo de investigadores da Universitat Oberta de Catalunya deseñou e comprobou a eficacia dun novo sistema de detección do amianto que, a pesar das diferentes normativas que o requiren, aínda non foi retirado dos tellados de edificios. O software aplica métodos de intelixencia artificial, aprendizaxe profunda e visión artificial a partir de imaxes fotográficas aéreas de tipo RGB, o máis habitual e económico. Isto supón unha vantaxe competitiva moi importante respecto aos intentos precedentes para crear un sistema similar, que se nutrían de imaxes multibanda, máis complexas e difíciles de obter. O éxito deste proxecto achanda o camiño para controlar de forma máis sistemática e eficaz a retirada deste material de construción de alta toxicidade. |
|---|
O 78% dos cancros ocupacionais recoñecidos na Unión Europea son por asbestos18-10-2023 - ETUI-European Trade Union InstituteA fabricación, comercialización e uso do asbesto foi completamente prohibida na UE en 2005, e considerablemente antes nalgúns Estados membros, con todo, o número de mortes por enfermidades asociadas ao asbesto non está a diminuír. O cancro de pulmón e o mesotelioma causados polo asbesto seguen matando a ao redor de 90,000 persoas cada ano na UE, e a mortalidade seguirá aumentando durante polo menos unha ou dúas décadas. |
|---|
Amianto: o Consello e o Parlamento alcanzan un acordo sobre as novas normas de protección das persoas traballadoras01-08-2023 - AMIANTOO pasado mes o Consello alcanzou un acordo provisional co Parlamento Europeo sobre unha nova Directiva coa que pretende reforzar a protección das persoas traballadoras contra os riscos de exposición ao amianto. As novas normas reducen considerablemente os límites actuais de amianto e prevén formas máis precisas de medir os niveis de exposición, en consonancia cos últimos avances tecnolóxicos. |
|---|
ISSGA: Actualización dos contidos do portal sobre o amianto08-06-2023 - ISSGANa sección “Requisitos de autorización para realizar traballos con amianto” do portal de amianto do ISSGA engádese o apartado “Criterios e precisións sobre a aplicación do Real decreto 396/2006” con orientacións prácticas e criterios de aplicación da normativa de amianto que deben ter en conta as empresas para solicitar a aprobación dun plan de traballo con risco por amianto e para outros trámites relacionados co seu seguimento |
|---|
Nova ficha da colección "Axentes canceríxenos no traballo: Coñecer para previr": Amianto22-12-2022 - INSSTA exposición laboral aos compostos de amianto pode provocar efectos prexudiciais para a saúde. Con esta nova ficha o INSST informa sobre como xestionar o risco por exposición a este axente. Para cada un dos axentes desta colección pódese atopar información sobre onde se pode dar a exposición a ese axente, que riscos pode producir para a saúde ou cales son as principais medidas preventivas e de control |
|---|
Amianto: un inimigo oculto. Localiza e identifica materiais con amianto para situalos no “mapa seguro” da túa empresa - Ano 202222-12-2022 - INSSTEste tríptico ofrece información sobre a “identificación de materiais con amianto”, como parte do proceso de “diagnóstico de amianto” no marco da súa xestión segura nas empresas, presentando de forma sinxela as súas finalidades, etapas e tipos (xestión e demolición), así como algunhas obrigacións específicas en obras de construción e xestión de residuos. |
|---|
A recente Lei 21/2022, do 19 de outubro, aprobada no Senado, crea un fondo de compensación para as vítimas do amianto, no que aínda hai importantes cousas por determinar16-12-2022 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGCorresponderá a este Fondo de Compensación para as Vítimas do Amianto a reparación íntegra dos danos e prexuízos sobre a saúde resultantes dunha exposición ao amianto. Coa aprobación do Fondo de Compensación as vítimas do amianto deberían percibir unha indemnización pública, incluso no caso de que a empresa ou empresas nas que tivesen prestado o seu servizo xa se atopasen pechadas e/ou desaparecidas. Algo máis habitual do que podería parecer, consecuencia do gran período de latencia que poden tardar as enfermedades derivadas do amianto en manifestarse logo da exposición ao mesmo. |
|---|
Cartel: Amianto: situación e retos en relación co risco emerxente para persoas traballadoras da construción pola onda de renovación enerxética na UE07-11-2022 - INSSTEste documento estuda e ofrece propostas para abordar os novos retos que expón actualmente a onda de renovación enerxética na UE (cuxa finalidade é facer que os edificios sexan aptos para un futuro "climáticamente neutro") en relación coa exposición ao amianto de persoas traballadoras no Estado no ámbito da construción. |
|---|
Lei 21/2022, de 19 de outubro, de creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto20-10-2022 - BOECorresponde ao Fondo de Compensación para as Vítimas do Amianto a reparación íntegra dos danos e prexuízos sobre a saúde resultantes dunha exposición ao amianto padecidos por toda persoa no seu ámbito laboral, doméstico ou ambiental no Estado, así como aos seus causahabientes nos termos establecidos na presente lei. |
|---|
![]() | O Senado aprobará o fondo de compensación para os afectados polo amianto: "A maioría das vítimas non sabe que pode reclamar unha indemnización"04-10-2022 - AMIANTOSegundo diversas asociacións de persoas traballadoras afectadas, ao ano diagnostícanse entre 450 e 500 casos de enfermidades relacionadas coa exposición ao po de amianto e a gran maioría descoñece que ten dereito a esixir unha indemnización. Todo parece indicar que o vindeiro mércores o Senado aprobará a Lei que permitirá a creación dun fondo para as vítimas do amianto. Unha compensación pendente dende hai décadas e que diversas asociacións, viñeron reclamando ante os incesantes casos de enfermidades profesionais relacionadas coa exposición ao po deste material que, na súa maioría, acaban diagnosticado como asbestose. |
|---|
Nova proposta lexislativa para protexer ás persoas traballadoras europeas do amianto29-09-2022 - EU-OSHA/COMISIÓN EUROPEAO 28 de setembro de 2022, a Comisión Europea adoptou unha comunicación e presentou unha proposta lexislativa sobre a protección dos traballadores e traballadoras fronte aos riscos relacionados coa exposición ao amianto no traballo, que modifica a Directiva sobre o amianto no traballo 2009/148/CE. O seu obxectivo é actualizar o valor límite de exposición profesional vinculante existente para o amianto, tendo en conta os últimos avances científicos e técnicos. |
|---|
Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición ao amianto10-05-2022 - INSSTA presente guía técnica proporciona criterios e recomendacións actualizados para axudar ás empresas e responsables de prevención, así como a persoas traballadoras e aos seus representantes, a interpretar e aplicar correctamente o RD 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto. |
|---|
Folleto do INSST: amianto un inimigo oculto14-02-2022 - INSSTO 80 % dos cancros profesionais recoñecidos na UE están relacionados co amianto, carcinóxeno moi perigoso para o que non existe un nivel seguro de exposición (sen limiar) e que en España causa máis da metade das mortes por cancro laboral. O obxectivo este documento divulgativo é informar e sensibilizar, a todos os axentes implicados, sobre a necesidade de evitar exposicións accidentais que afecten a traballadores non especializados en traballos con amianto pero que, debido á súa actividade profesional (construción, rehabilitación e reformas, derribas, mantemento, emerxencias, subministracións e instalacións, reparación e desmantelamento de estruturas, equipos, buques, xestión de residuos, etc.), poden atopar e perturbar/alterar materiais con amianto |
|---|
Traballos Seguros con Amianto. TSA01-02-2022 - INSSTComo axuda para realizar os traballos con amianto de forma segura o INSST pone a disposición a colección “Traballos seguros con amianto” que está constituída por dous tipos de fichas: as primeiras, dirixidas aos colectivos específicos de profesionais que poden atoparse amianto ou materiais que o conteñan durante o desenvolvemento dos seus traballos e as segundas, que plasman procedementos de traballo con amianto seguros. |
|---|
![]() | Resolución do Parlamento Europeo, do 20 de outubro de 2021, con recomendacións á Comisión sobre a protección dos traballadores contra o amianto25-10-2021 - AMIANTOO Parlamento Europeo pide á Comisión que, previa consulta aos interlocutores sociais conforme o disposto no artigo 154, sobre a base do artigo 152, apartado 2, e o artigo 192 do TFUE, presente unha proposta de directiva marco pola que se establezan os requisitos mínimos aplicables ás estratexias nacionais de retirada do amianto |
|---|
Cartel INSST: Avaliación da exposición ao amianto, RD 396/2006 Axudámosche co Anexo IV?01-09-2021 - INSSTEste cartel publicado polo INSST trata de facilitar a incorporación dos datos de avaliación da exposición ao amianto á ficha do Anexo IV ( RD 396/2006), cuxa remisión á autoridade laboral é obrigatoria tras a realización de calquera traballo que requirise a aprobación dun plan de traballo. |
|---|
Proposición de Lei de creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto06-05-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 38Ao fin logo de numerosos e interminábeis retrasos propiciados nos últimos anos polo anterior Goberno do PP, o pasado día 13 de abril o Congreso dos Deputados debateu e someteu a aprobación unha proposición de lei para crear un fondo de compensación para as vítimas do amianto, que equiparase ao Estado español con outros estados, como Francia, dando saída a unha reivindicación histórica deste colectivo. Con todo, é indubidable que aínda queda moito traballo por facer, xa que no pasado o Estado español importou miles de toneladas deste produto canceríxeno extremadamente perigoso para a saúde, que en moitos casos segue a estar presente en determinados lugares e procesos de traballo, sendo necesario un ambicioso plan de desamiantado para a eliminación definitiva e total dese produto. |
|---|
![]() | É inaceptable que non haxa fondos para erradicar o Amianto no Plan de Recuperación12-03-2021 - AMIANTOÉ necesario que se aborden proxectos de investigación para poder destruír os materiais con amianto, como insta o Comité Económico e Social Europeo, a través de investimentos como instalacións con instalacións de plasma e pirogasificación, como están a facer outros países europeos. Actualmente, o amianto cando se retira correctamente estase acumulando en vasos de seguridade, que non están exentos de accidentes como os da entulleira de Zaldívar, e en caso de producirse, poden contaminar de forma letal, o aire de miles de cidadáns. |
|---|
O Consello da Xunta aproba o Decreto polo que se crea e se regula o Rexistro galego de exposición laboral ao amianto (Regela)13-12-2019 - ISSGACon este Decreto, aprobado polo Consello o 12 de decembro, preténdese aumentar o nivel de protección da saúde do colectivo exposto ao amianto e que a vixilancia da súa saúde sexa o máis completa posible. O Regela mellora a seguridade xurídica dos afectados, facilita a transparencia e a accesibilidade da información e simplifica os procedementos. A inscrición no Regela axudará ao recoñecemento médico legal das incapacidades e das prestacións por continxencias laborais dos afectados. |
|---|
Análise sobre a dobraxe de cubertas de amianto-cemento no Estado: propostas de actuación preventiva15-02-2019 - INSSTO INSST pon a disposición este documento no que analiza a situación actual das cubertas de amianto-cemento no Estado, a doblaxe de cubertas e as actuacións técnicas e administrativas na doblaxe de cubertas de amianto-cemento. |
|---|
Fondo de compensación ás vítimas do amianto11-10-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 29Trala inicial toma en consideración dos partidos representados no Congreso, PSOE, Unidos Podemos, Ciudadanos, PNV, Compromís, EH Bildu e Foro Asturias, e a abstención do PP, en relación á proposición de lei impulsada dende o Parlamento Vasco para crear un Fondo de compensación das vítimas do amianto, logo de moitas dilacións provocadas polo PP coa conivencia política de Ciudadanos, alegando que supoñía importantes modificacións orzamentarias, finalmente o Congreso dos Deputados procedeu a dar trámite á aprobación da proposición de Lei para a creación dun Fondo de Compensación das vítimas do amianto que, nesta última fase atópase no tramo final de presentación de propostas de emenda, en relación ao proxecto de lei existente que a curto prazo deberá dar lugar ao seu texto definitivo. |
|---|
Alerta ISSGA, pode haber amianto-Fichas-09-10-2017 - ISSGAFichas elaboradas con material resistente, nas que se recollen as fotografías dos diferentes tipos de materiais xunto coa información básica para poder identificalos, os seus usos e localización, o ano da súa prohibición e se desprede fibras con facilidade, pensando para que poidan ser utilizadas a “pé de obra” |
|---|
Alerta ISSGA, pode haber amianto09-10-2017 - ISSGACon esta publicación o ISSGA quere ofrecer unha ferramenta que sirva de axuda e dea unhas pautas básicas de actuación para evitar que estes materiais atopados de maneira inesperada poidan poñer en risco as persoas traballadoras ou terceiras persoas por descoñecemento da posible presenza de amianto ou por actuar de maneira imprudente. |
|---|
![]() | Residuos con amianto: dende o productor ao xestor16-05-2016 - INSHTDocumento divulgativo elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que se realiza un percorrido dende la producción do residuo de amianto ata o seu tratamento final, analizando as figuras participantes en cada unha das etapas así como a lexislación vixente ao respecto. |
|---|
![]() | Formación e entrenamento dos traballadores con risco de exposición ao amianto17-12-2015 - INSHTDocumento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde Laboral, no que se recollen pautas para elaborar un programa de formación e entrenamento para traballadores/as con risco de exposición ao amianto, co fin de proporcionar as habilidades precisas á hora de desenvolver operacións e actividades con materiais que conteñan amianto coa máxima garantía de seguridade e saúde. |
|---|
Galiza: análise do PIVISTEA, programa de vixilancia da saúde dos traballadores expostos ao amianto19-12-2013 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 8O amianto ou asbesto é un grupo de materiais fibrosos con distinta composición química. Componse de sales de ferro, sodio, magnesio e calcio, cunha estrutura cristalina que se dispón en fibras moi finas. Dende o século XIX foi amplamente utilizado en diversos procesos industriais, aínda que o seu uso foi diminuíndo cando se descubriron os efectos adversos para a saúde; produce patoloxías de gravidade cun período de latencia de entre 20 ou 30 anos; así moitos traballadores e traballadoras que estiveron expostos hai anos e que agora xa non traballan nas empresas, atópanse afectados. |
|---|
Protocolos de vixilancia sanitaria específica. Amianto11-11-2013 - SAÚDE LABORALEste protocolo busca proporcionar aos profesionais implicados na prevención de riscos laborais, especialmente aos sanitarios, unha guía de actuación para a vixilancia sanitaria específica dos traballadores expostos a amianto e será revisado periodicamente, na medida que así o aconselle a evolución da evidencia científica dispoñible e a súa aplicación concreta nos centros de traballo. |
|---|
![]() | AMIANTO: unha asignatura por aprobar11-10-2013 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 7A Confederación Intersindical Galega (CIG), como organización comprometida coas diferentes problemáticas existentes no referente á saúde laboral e o mundo do traballo en xeral, lamentablemente debe –debemos- seguir a denunciar que na actualidade e pese á normativa existente e ao endurecemento dos controis deste mineral, non se está a producir un cambio de tendencia en relación á prevención e á preservación da saúde dos traballadores e traballadoras do noso País. É polo que dende a nosa Central sindical continuamos a denunciar un problema que afectou, afecta e afectará, á vida e á saúde de miles de traballadores e traballadoras que, enganados ou mal informados, estiveron, están e estarán expostos nos seus traballos aos devastadores efectos do amianto. |
|---|
![]() | Colección "Criterios e recomendacións"03-06-2013 - INSHTO Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo ven de incorporar un novo documento da colección "Criterios e recomendacións" relacionado coa metroloxía de axentes químicos que ten por título: CR-08/2013: Control de calidade interno na análise (reconto) de fibras de amianto |
|---|
![]() | O Amianto03-07-2008 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 2Denomínanse asbesto ou amianto a un conxunto de minerais de orixe natural, natureza fibrosa e composición química diferente que se poden agrupar en: serpentinas ou amianto branco (fibras curvadas, formadas por crisotilo), que representa o 90 % do asbesto producido actualmente e anfibois ou amianto azul que comprende crocidolita, amosita, antofilita, tremolita e actinolita. O nome deste mineral alude á gran resistencia do produto a axentes físicos e químicos, polo que foi usado xa dende antigo (exipcios, romanos) para mortallas, etc. Dise que a mecha da lámpada de Atenea era de asbesto… |
|---|