Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos / Traballos con Amianto

O Amianto

03-07-2008 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 2

Denomínanse asbesto ou amianto a un conxunto de minerais de orixe natural, natureza fibrosa e composición química diferente que se poden agrupar en: serpentinas ou amianto branco (fibras curvadas, formadas por crisotilo), que representa o 90 % do asbesto producido actualmente e anfibois ou amianto azul que comprende crocidolita, amosita, antofilita, tremolita e actinolita. O nome deste mineral alude á gran resistencia do produto a axentes físicos e químicos, polo que foi usado xa dende antigo (exipcios, romanos) para mortallas, etc. Dise que a mecha da lámpada de Atenea era de asbesto…

Durante moitos anos, e ata moi recentemente, veuse empregando o amianto para incontables finalidades e dándolle unha chea de usos e utilidades, ata chegar a contabilizar e clasificar máis de 3.000 usos do asbesto presentes en boa parte dos sectores produtivos.

Así, incluíuse como material de reforzo en: tecidos, materiais de construción (cemento, tubaxes, ladrillos, tellas, asfalto, fibrocemento, polímeros, etc), cartóns, materiais sintéticos, freos, cordas, correas, etc. Pola súa resistencia á calor usouse como illante e ignífugo: traxes, luvas, industria naval, ferrocarrís, fundición, protección de trabes e superficies na construción, recubrimento de fornos e de tubaxes de calefacción etc. O seu uso foi moi xeneralizado, mesmo en filtros de cigarros e máscaras de gas. No Estado español había uns 56.600 traballadores expostos a finais dos anos 90.

As fibras de amianto, centos de veces máis pequenas ca un alfinete, están asociadas á aparición de diversas enfermidades pulmonares, como a asbestose, a fibrose pulmonar, o cancro de pulmón, ou o mesotelioma maligno pleural, todas elas de consecuencias fatais. Existen indicios serios de que pode tamén ter relación con outros tipos de cancros distintos aos do aparello respiratorio.

Moitas desas enfermidades, se manifestan habitualmente entre dez e quince anos despois de contaminarse con asbesto, aínda que o tempo transcorrido dende a exposición e a aparición dos primeiros síntomas pode ser de ata 30 anos.

Debido a ese longo período de latencia, pode suceder incluso que o traballador/a esté en período de xubilación, rara vez as enfermidades provocadas pola exposición son diagnosticadas como un fenómeno de orixe laboral polo que non figura en estatística ningunha, nin se aproban medidas reparadoras para as vítimas e as súas familias.

En 1907 publícase o primeiro caso de enfermidade por asbesto (asbestose); en 1931 o primeiro caso de cancro de pulmón en relación con asbestose e en 1943 o primeiro caso mesotelioma maligno. Actualmente, hai uns 125 millóns de expostos no traballo  e se  producen 90.000 mortes ao ano no mundo por esta causa.

A comercialización e uso do amianto están prohibidos no Estado español dende o ano 2002 (a raíz da Orde ministerial do 7/12/2001). A Directiva 1997/77/CE da Unión Europea prohibiu a utilización de todo tipo de amianto a partir do 1 de xaneiro de 2005. A Directiva 2003/18/CE prohibiu a extracción de amianto e a fabricación e procesado de produtos de amianto.

Aínda que cada vez hai máis países que seguen o exemplo, a realidade é que se seguen producindo grandes cantidades en países como Rusia, Canadá, China, Brasil, etc.

Estas prohibicións non afectan aos materiais que xa estaban instalados. Así e tendo en conta a gran cantidade de amianto que se empregou en infraestruturas e edificios ata a prohibición, faise preciso ter especial coidado nas actividades de mantemento, limpeza e eliminación, xa que en estas actividades poden desprenderse fibras respirables.

Nese senso, O R.D. 396/2006 de 31 de marzo de 2006 establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco por exposición ao amianto, recolléndose nel tanto os trámites administrativos que se deben levar a cabo polas empresas para poder manipular materiais que conteñan amianto, como as medidas preventivas e de protección que se deben tomar para realizar ditos traballos. Entre as obrigas que teñen as empresas que realizan traballos con amianto, están as seguintes:

Podes imprimir este artigo, en formato folleto, no PDF adxunto.

Documentos

ARTIGO 4 BOLETIN GALEGO 2.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS