Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos / Atmósferas explosivas

Lexislación relacionada

15-05-2024 - ATMOSFERAS EXPLOSIVAS

Documentos de interese

21-01-2025 - ATMOSFERAS EXPLOSIVAS

Recursos na rede

17-11-2017 - ATMOSFERAS EXPLOSIVAS

Electricidade estática e accidentes no traballo

01-04-2026 - OTP

A electricidade estática pode xerarse ao manipular plásticos, verter líquidos inflamables, moverse sobre chans sintéticos ou mesmo ao fregar pezas de traballo. Basta unha descarga que supere uns poucos quilovatios para desencadear unha faísca capaz de inflamar vapores, pos combustibles ou atmosferas explosivas. Dende a prevención de riscos laborais, debe tratarse como un risco físico con elevada capacidade de dano.

NTP 1206 e 1207: Inspeccións internas de materiais e instalacións eléctricas de baixa tensión en zonas con atmosferas explosivas

26-12-2024 - INSST

Estas Notas Técnicas de Prevención teñen como obxectivo dar a coñecer os requisitos das inspeccións internas que deben realizarse por parte da empresa en materiais e instalacións de baixa tensión situados en zonas con presenza de atmosferas explosivas (zonas ATEX). Estas inspeccións están recollidas na norma UNE-EN 60079-17 Atmosferas explosivas. Parte 17: Inspección e mantemento de instalacións eléctricas.

Atmosferas explosivas

06-03-2024 - UNIZAR-Universidade de Zaragoza-

Este documento elaborado pola Universidade de Zaragoza –Unidade de Prevención de riscos laborais-, proporciona información detallada sobre atmosferas explosivas, concretamente: definición, tipo e parámetros, clasificación de zonas, equipos para zonas ATEX, fontes de ignición, medidas preventivas, normativa relacionada e preguntas frecuentes

Guía para avaliar o risco e a prevención en atmosferas explosivas no sector da madeira

13-07-2022 - ACTUACIÓN PREVENTIVA

Este estudo ten como obxectivo servir de ferramenta para identificar o maior ou menor perigo do po xerado na transformación da madeira na industria. Este po é capaz de xerar o que se coñece como atmosferas explosivas (ATEX), o cal sucede cando existen substancias inflamables que, mesturadas co aire e en condicións atmosféricas, poden acenderse se entran en contacto cunha fonte de ignición e a combustión propágase á totalidade da mestura.

Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo. Actualizada

21-07-2021 - INSST

O INSST pon a disposición a actualización desta coa que proporciona criterios e recomendacións que poden facilitar aos empresarios/as e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do RD 681/2003 do 12 de xuño, especialmente no que se refire á avaliación do risco por presenza de atmosferas explosivas e no que concierne a medidas preventivas e de protección aplicables.

Clasificación de zonas ATEX

05-10-2020 - ENGINYERS BCN

O obxecto desta ficha técnica é definir que son as atmosferas explosivas e, unha vez definidas, saber cando empezan a xerar risco para ponderalo clasificando este risco no que se coñece como clasificación de zonas.

NTP 1.138 e 1.139: Equipos de protección individual disipativos en zonas con risco de explosión: criterios xerais de selección, selección, uso e mantemento

04-03-2020 - INSST

A NTP 1.138 achega criterios xerais para a adecuada selección, uso e mantemento dos equipos de protección individual con propiedades disipativas que se usen en zonas con risco de explosión con obxecto de previr as descargas electrostáticas que puidesen ter a súa orixe neles. A NTP 1.139 complenta a NTP 1.138 e nela concrétanse, en función do tipo de equipo de protección individual disipativo do que se trate, os criterios para a súa selección. Tamén se abordan, con carácter xeral, criterios de uso e mantemento.

O ISSGA lanza unha guía para a prevención dos riscos de explosión co obxectivo de reducir estes sinistros laborais

18-09-2012 - ISSGA

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) vén de editar un manual para a prevención de riscos de explosións nas empresas. O documento pretende ser unha ferramenta de axuda para os profesionais da prevención que se atopan coa necesidade de elaborar un documento de protección fronte a estes riscos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS