Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos / Atmósferas explosivas

Lexislación relacionada

15-05-2024 - ATMOSFERAS EXPLOSIVAS

Decisión de Execución (UE) 2024/1329 da Comisión, do 13 de maio de 2024, pola que se modifica e corrixe a Decisión de Execución (UE) 2023/1586 no que respecta a as normas harmonizadas para a prevención e protección contra a explosión en atmosferas explosivas, os equipos relacionados con láser, as partes do sistema de mando relacionadas coa seguridade, as máquinas para plásticos e caucho, os vehículos para a recollida de residuos, os equipos de terra para aeronaves, as carretillas industriais sen condutor e os seus sistemas, os ciclos con asistencia eléctrica, as cintas transportadoras para as actividades de deportes de inverno ou de recreo, as carretillas conducidas a pé, as máquinas espigadoras e perfiladoras para traballar a madeira, os tractores e maquinaria agrícola e forestal, os aparellos comerciais de envasado ao baleiro, os aparellos de refrixeración para uso comercial, as tesoiras de herba e a maquinaria de xardinería accionada por motor con condutor traseiro a pé.

Decisión de Execución (UE) 2023/1586 da Comisión do 26 de xullo de 2023 relativa ás normas harmonizadas para as máquinas establecidas en apoio da Directiva 2006/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello.

Decisión de Execución (UE) 2021/845 da Comisión do 26 de maio de 2021 pola que se modifica a Decisión de Execución (UE) 2019/1202 no que respecta a a determinación da tendencia á  autoinflamación de acumulacións de po.

Decisión de Execución (UE) 2020/260 da Comisión do 25 de febreiro de 2020 pola que se modifica a Decisión de Execución (UE) 2019/1202 no que respecta a a prevención e protección contra a explosión.

Decisión de Execución (UE) 2019/1202 da Comisión, do 12 de xullo de 2019, sobre as normas harmonizadas para os aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas, elaboradas en apoio da Directiva 2014/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello.

Orde TEC/1146/2018, do 22 de outubro, pola que se aproba a instrución técnica complementaria 04.7.06 "Control de gases tóxicos na atmosfera das actividades subterráneas" e modifícase a instrución técnica complementaria 05.0.02 "Especificacións para minas subterráneas de carbón e labores con risco de explosión. Contidos límites de metano na corrente de aire", do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira.

Orde ETU/995/2017, do 6 de outubro, pola que se aproban instrucións técnicas complementarias do capítulo IX "Electricidade" do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira.

REAL DECRETO 130/2017, do 24 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Explosivos.

Real Decreto 144/2016, do 8 de abril, polo que se establecen os requisitos esenciais de saúde e seguridade esixibles aos aparellos e sistemas de protección para o seu uso en atmosferas potencialmente explosivas e polo que se modifica o Real Decreto 455/2012, do 5 de marzo, polo que se establecen as medidas destinadas a reducir a cantidade de vapores de gasolina emitidos á atmosfera durante a reposición dos vehículos de motor nas estacións de servizo.

REAL DECRETO 989/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de artigos pirotécnicos e  cartuchería.

Directiva 2014/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de febreiro de 2014, sobre a harmonización das lexislacións dos Estados membros en materia de aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas (refundición).

Real Decreto 681/2003, do 12 de xuño, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores e traballadoras expostas aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo.

Rectificación á Directiva 1999/92/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 1999, relativa ás disposicións mínimas para a mellora da protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas (Décimo quinta Directiva específica con arranxo ao apartado 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE do Consello).

Directiva 1999/92/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 1999, relativa ás disposicións mínimas para a mellora da protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas (Décimo quinta Directiva específica con arranxo ao apartado 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE do Consello)

Directiva 94/9/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de marzo de 1994, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre os aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas. Derogada por Directiva 2014/34.

Real Decreto 400/1996, do 1 de marzo, polo que se dita as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 94/9/CE, relativo aos aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas. Derogado por Real Decreto 144/2016.


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS