Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos / Atmósferas explosivas

Atmosferas explosivas

06-03-2024 - UNIZAR-Universidade de Zaragoza-

Este documento elaborado pola Universidade de Zaragoza –Unidade de Prevención de riscos laborais-, proporciona información detallada sobre atmosferas explosivas, concretamente: definición, tipo e parámetros, clasificación de zonas, equipos para zonas ATEX, fontes de ignición, medidas preventivas, normativa relacionada e preguntas frecuentes

É obrigación do empresario/a avaliar os riscos e adoptar as medidas preventivas e de protección precisas para evitar danos ás persoas traballadoras. Con obxecto de previr as explosións, de conformidade co artigo 15.1 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, e de proporcionar unha protección contra elas, o empresario/a deberá tomar medidas de carácter técnico e/ou organizativo en función do tipo de actividade, seguindo unha orde de prioridades e conforme aos principios básicos seguintes: impedir a formación de atmosferas explosivas ou, cando a natureza da actividade non o permita, evitar a ignición de atmosferas explosivas e atenuar os efectos prexudiciais dunha explosión de forma que se garanta a saúde e a seguridade das persoas traballadoras.

Ligazón ao documento “Atmosferas explosivas” UNIZAR –Universidade de Zaragoza

Ligazón á sección sobre Atmosferas explosivas da nosa páxina web

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS