Financiado por:
/ Portada / Riscos específicos / Traballos con Amianto

Amianto, PERIGO

14-07-2010 - Amianto

COMPILACIÓN NORMATIVA E GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS DO AMIANTO

09-11-2010 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Amianto

Recursos na rede

20-06-2012 - AMIANTO

Lexislación relacionada

10-01-2020 - AMIANTO

Documentos de interese

10-01-2020 - AMIANTO

O Consello da Xunta aproba o Decreto polo que se crea e se regula o Rexistro galego de exposición laboral ao amianto (Regela)

13-12-2019 - ISSGA

Con este Decreto, aprobado polo Consello o 12 de decembro, preténdese aumentar o nivel de protección da saúde do colectivo exposto ao amianto e que a vixilancia da súa saúde sexa o máis completa posible. O Regela mellora a seguridade xurídica dos afectados, facilita a transparencia e a accesibilidade da información e simplifica os procedementos. A inscrición no Regela axudará ao recoñecemento médico legal das incapacidades e das prestacións por continxencias laborais dos afectados.

Galiza: análise do PIVISTEA, programa de vixilancia da saúde dos traballadores expostos ao amianto

19-12-2013 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 8

O amianto ou asbesto é un grupo de materiais fibrosos con distinta composición química. Componse de sales de ferro, sodio, magnesio e calcio, cunha estrutura cristalina que se dispón en fibras moi finas. Dende o século XIX foi amplamente utilizado en diversos procesos industriais, aínda que o seu uso foi diminuíndo cando se descubriron os efectos adversos para a saúde; produce patoloxías de gravidade cun período de latencia de entre 20 ou 30 anos; así moitos traballadores e traballadoras que estiveron expostos hai anos e que agora xa non traballan nas empresas, atópanse afectados.

AMIANTO: unha asignatura por aprobar

11-10-2013 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 7

A Confederación Intersindical Galega (CIG), como organización comprometida coas diferentes problemáticas existentes no referente á saúde laboral e o mundo do traballo en xeral, lamentablemente debe –debemos- seguir a denunciar que na actualidade e pese á normativa existente e ao endurecemento dos controis deste mineral, non se está a producir un cambio de tendencia en relación á prevención e á preservación da saúde dos traballadores e traballadoras do noso País. É polo que dende a nosa Central sindical continuamos a denunciar un problema que afectou, afecta e afectará, á vida e á saúde de miles de traballadores e traballadoras que, enganados ou mal informados, estiveron, están e estarán expostos nos seus traballos aos devastadores efectos do amianto.

O Amianto

03-07-2008 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 2

Denomínanse asbesto ou amianto a un conxunto de minerais de orixe natural, natureza fibrosa e composición química diferente que se poden agrupar en: serpentinas ou amianto branco (fibras curvadas, formadas por crisotilo), que representa o 90 % do asbesto producido actualmente e anfibois ou amianto azul que comprende crocidolita, amosita, antofilita, tremolita e actinolita. O nome deste mineral alude á gran resistencia do produto a axentes físicos e químicos, polo que foi usado xa dende antigo (exipcios, romanos) para mortallas, etc. Dise que a mecha da lámpada de Atenea era de asbesto…

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS