Financiado por:
/ Portada / Riscos específicos / Radon

Documentos de interese

06-03-2020 - RADON

Lexislación relacionada

06-03-2020 - RADON

Recursos na rede

05-03-2020 - RADON

O Radon e a lexislación vixente

07-11-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 33

O radon é un gas radioactivo de orixe natural, que tende a concentrarse en interiores, como en vivendas, escolas e lugares de traballo. Segundo o estudo multicéntrico “Small Cell”, publicado en Arquivos de Bronconeumoloxía, revista científica da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (Separ), o radon desempeña un papel importante na aparición e desenvolvemento de cancro de pulmón de células pequenas (CPCP) ou cancro microcítico, un tipo especialmente grave do cancro de pulmón que adoita evolucionar en metástase e desgraciadamente en non poucas ocasións provoca a morte do paciente. Para determinar a influencia deste gas no desenvolvemento de cancro microcítico, proveuse aos pacientes participantes no estudo de detectores de gas radon, que debían colocar no dormitorio principal durante tres meses, concluíndo que, de 113 casos de cancro estudados, 63 teñen a súa orixe na exposición ao gas radon.

Radon un risco para ter en conta

29-03-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 23

O gas Radon foi descuberto en 1900 por Friederich Ernst Dorn, pero será na década dos 80 cando estudos realizados en traballadores/as expostos ao gas permitiron establecer a relación entre a exposición ao radon e o cancro de pulmón. Nos últimos anos desenvolveuse unha crecente preocupación entre a comunidade científica de Galiza, debido á constatación da presenza de radon en vivendas e centros de traballo, polo risco que a exposición a este gas ten para a saúde.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS