Guía de Rehabilitación fronte ao radon22-11-2020 - RADONO obxectivo da Guía de Rehabilitación fronte ao radon é constituír unha ferramenta de axuda para o deseño de solucións de protección fronte ao radon. Proporciona os conceptos fundamentais necesarios que apoian o correcto diagnóstico das vías de entrada do radon, ilustra o proceso de realización das medicións de radon, así como presenta as solucións de protección e proporciona criterios para a elección das solucións máis adecuadas a cada caso. |
|---|
Pretende ser, por unha banda, unha ferramenta fundamental para os proyectistas ante o reto de deseñar solucións de protección fronte ao radon e, por outro, unha fonte de información para os usuarios de edificios afectados, para que coñezan de forma aproximada o alcance das solucións posibles, así como as distintas vías de entrada do radon no edificio e a influencia que pode chegar a ter o comportamento dos propios usuarios na concen tración deste gas.