Co financiamento de:
/ Portada / Delegados / Acción sindical e prl

Guía de acción sindical ante a incapacidade temporal e outras prestacións

12-03-2024 - CIG-Confederación Intersindical Galega

Esta Guía da CIG vaise centrar na xestión da incapacidade temporal e outras prestacións e nos problemas e atrancos que ten que soportar a clase traballadora, derivados, non do mal funcionamento das mutuas, senón do papel real que xogan. As mutuas cumpren unha función moi clara, non só porque representan a privatización da saúde, senón porque se encargan de restrinxir o acceso á IT, ás veces, incluso, de xeito delituoso.

Instalacións industriais nos centros de traballo

15-02-2024 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 49

Denomínase seguridade industrial ao conxunto de normas obrigatorias estabelecidas para evitar ou minimizar, tanto os riscos que poidan producirse nos ámbitos industriais, como os prexuízos derivados da actividade industrial e mesmo as enfermidades ocupacionais. IMPRIMIBLES: Lista de autoavaliación de Instalacións Industriais Calendario de Inspeccións Regulamentarias de Instalacións e Equipos

Modificación das sancións por incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais

01-10-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 40

A Ley 10/2021 de 9 de xullo, de traballo a distancia, na súa Disposición final primeira, modifica a Ley sobre Infraccións e Sancións na Orde Social, aprobada polo Real Decreto Lexislativo 5/2000.

A CIG-Administración solicita medicións de radon en todos os centros de traballo da Xunta en Ourense

25-02-2020 - RADON

O sector de Autonómica da CIG-Administración de Ourense vén de solicitarlle por escrito á delegada territorial da Xunta que se proceda a facer medicións das concentracións de gas radon en todos os centros de traballo públicos dependentes desta delegación.

CIG-Administración solicita medicións de radon en todos os centros de traballo da Xunta na provincia da Coruña

19-02-2020 - RADON

A Sección Sindical da CIG do persoal funcionario da Xunta de Galiza na provincia da Coruña vén de demandar por escrito ao delegado territorial da Xunta que se proceda a facer medicións das concentracións de gas radon en todos os centros de traballo públicos dependentes desa delegación.

O Rexistro da xornada de traballo: un dispositivo de protección fronte ao abuso laboral

30-05-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 32

O longo debate que se ten producido nos últimos anos sobre os aspectos legais e a obrigatoriedade ou non do rexistro da xornada laboral dos traballadores/as, chegou ao seu fin trala aprobación no Congreso dos Deputados da reforma do Estatuto dos Traballadores que obriga ás empresas a levar un control e rexistro da xornada laboral.

O delegado e a delegada de prevención

14-05-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 14

No conxunto de Europa a consulta e a participación dos/as traballadores/as na saúde e na seguridade laboral das empresas, constitúe a estas alturas un importante principio solidamente implantado nas distintas lexislacións dos estados da UE; isto sen dúbida débese á comprobada eficacia que este tipo de práctica ten suposto na redución xeral dos riscos laborais e na notable diminución das taxas de accidentabilidade.

O Comité de Seguridade e Saúde

14-10-2014 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 11

A participación de traballadoras e traballadores na empresa en materia de prevención de riscos e protección da súa saúde está regulada a través de dúas figuras: a/o delegada/o de prevención e o Comité de Seguridade e Saúde. Segundo se define no artigo 38 da LPRL o Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos.

Protocolos de Vixilancia Sanitaria Específica. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

06-06-2012 - Vixilancia da Saúde

O marco normativo en materia de prevención de riscos laborais supón, entre outras cuestións, que a práctica dos recoñecementos médicos que se realizan ás e ós traballadores/as deben ser periódicos, específicos fronte aos riscos derivados do traballo, co consentimento informado do traballador/a, e non deben ser utilizados con fins discriminatorios nin en prexuízo do traballador/a. A lei encomenda ás administracións sanitarias a elaboración de protocolos e guías de actuación, co fin de implantar un modelo de vixilancia da saúde no traballo que sexa eficaz para a prevención. Dende esta Nova podes visualizar os PROTOCOLOS DE VIXILANCIA SANITARIA ESPECÍFICA para a saúde dos traballadores/as.

Criterio Técnico sobre o Dereito dos Delegados de Prevención o acceso a documentación preventiva

15-12-2010 - Inspección de Traballo. CT 43/2005

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS