O Comité de Seguridade e Saúde14-10-2014 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 11A participación de traballadoras e traballadores na empresa en materia de prevención de riscos e protección da súa saúde está regulada a través de dúas figuras: a/o delegada/o de prevención e o Comité de Seguridade e Saúde. Segundo se define no artigo 38 da LPRL o Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos. |
|---|
Así pois será un órgano de participación interno formado polos delegados e delegadas de prevención dunha parte e por un número igual de representantes da empresa pola outra; os representantes que forman parte do Comité por parte da empresa deben ter capacidade decisoria co fin de darlle a este órgano unha función activa dentro das actividades destinadas á prevención dentro da empresa.
A súa constitución é obrigatoria nas empresas ou centros de traballo que conten con 50 ou máis traballadores/as (art. 38.2 LPRL) e naquelas nas que así se especifique en acordo de convenio ou cando así o ordene a ITSS.
O Regulamento que rexe o seu funcionamento determinarase no seo do propio Comité, aínda que están establecidas unha serie de normas ás que debe someterse (art. 38 LPRL), a saber:
No caso de empresas con varios centros de traballo dotados de Comités de Seguridade e Saúde poderase acordar a creación dun Comité Intercentros, ao que se dotará de competencias e normas de funcionamento.
Así mesmo, cando varias empresas desenvolvan actividades de xeito simultáneo nun mesmo centro de traballo, poderá acordarse a realización de reunións conxuntas dos Comités de Seguridade e Saúde das mesmas. (Se a empresa carece de Comité, acudirán as/os delegadas/os de prevención e os representantes das mesmas).
A Lei de Prevención de Riscos Laborais atribúe ao Comité de Seguridade e Saúde as seguintes competencias:
No exercicio das súas competencias, o Comité de Seguridade e Saúde estará facultado para:
Dentro das competencias da Inspección de Traballo está a visita aos centros de traballo para a comprobación do cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais. No marco destas visitas, a Inspección de Traballo comunicará a súa presenza ao Comité de Seguridade e Saúde a fin de que acompañen ao Inspector ou Inspectora durante o desenvolvemento da visita e poidan formular as observacións que estimen oportunas.
Naquelas empresas que, por non ter obriga, non conten con Comité de Seguridade e Saúde, as competencias atribuídas ao mesmo serán exercidas polos Delegados ou Delegadas de Prevención.
A constitución e funcionamento dun Comité de Seguridade e Saúde
O Comité de Seguridade e Saúde será o lugar no que traballadores/as e empresarios/as tenten desenvolver de xeito equilibrado parte das súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais dentro da empresa.
Partindo desta premisa, o primeiro que hai que garantir é a existencia deste órgano; así pois será preciso esixir a súa constitución naqueles casos nos que exista obriga legal, ou acordo de convenio, a través de solicitude por escrito á empresa; de non ter contestación á solicitude nun prazo razoable, sempre é posible tramitar unha denuncia por este feito ante a Inspección de Traballo.
Unha vez constituído, chega o momento de acordar entre as partes (hai que lembrar que este órgano debe ter o mesmo número de delegados/as de prevención que de representantes da empresa), as normas que rexerán o seu funcionamento.
Estas normas deben contar cun alto grao de consenso entre as partes e constar por escrito. O procedemento de redacción do regulamento que rexerá a actividade do Comité dependerá de cómo se xestione o mesmo dentro da empresa, pero hai que ter claro que as/os Delegadas/os deben ser unha parte activa dentro deste proceso, asesorándose, estudando e mesmo presentando unha proposta de regulamento axeitada aos intereses de traballadoras e traballadores.
Como propostas que invitamos a incluír dentro do regulamento, poden estar as seguintes:
Unha vez constituído e regulado, é preciso traballar para que o Comité funcione e se posicione como o órgano consultivo e participativo que debe ser dentro do funcionamento da empresa. Para eso hai que procurar:
Podes imprimir este artigo, en formato folleto, no PDF adxunto.