Financiado por:
/ Portada / Delegados / Acción sindical e prl

A CIG-Administración solicita medicións de radon en todos os centros de traballo da Xunta en Ourense

25-02-2020 - RADON

O sector de Autonómica da CIG-Administración de Ourense vén de solicitarlle por escrito á delegada territorial da Xunta que se proceda a facer medicións das concentracións de gas radon en todos os centros de traballo públicos dependentes desta delegación.

CIG-Administración solicita medicións de radon en todos os centros de traballo da Xunta na provincia da Coruña

19-02-2020 - RADON

A Sección Sindical da CIG do persoal funcionario da Xunta de Galiza na provincia da Coruña vén de demandar por escrito ao delegado territorial da Xunta que se proceda a facer medicións das concentracións de gas radon en todos os centros de traballo públicos dependentes desa delegación.

O Rexistro da xornada de traballo: un dispositivo de protección fronte ao abuso laboral

30-05-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 32

O longo debate que se ten producido nos últimos anos sobre os aspectos legais e a obrigatoriedade ou non do rexistro da xornada laboral dos traballadores/as, chegou ao seu fin trala aprobación no Congreso dos Deputados da reforma do Estatuto dos Traballadores que obriga ás empresas a levar un control e rexistro da xornada laboral.

O delegado e a delegada de prevención

14-05-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 14

No conxunto de Europa a consulta e a participación dos/as traballadores/as na saúde e na seguridade laboral das empresas, constitúe a estas alturas un importante principio solidamente implantado nas distintas lexislacións dos estados da UE; isto sen dúbida débese á comprobada eficacia que este tipo de práctica ten suposto na redución xeral dos riscos laborais e na notable diminución das taxas de accidentabilidade.

O Comité de Seguridade e Saúde

14-10-2014 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 11

A participación de traballadoras e traballadores na empresa en materia de prevención de riscos e protección da súa saúde está regulada a través de dúas figuras: a/o delegada/o de prevención e o Comité de Seguridade e Saúde. Segundo se define no artigo 38 da LPRL o Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos.

Protocolos de Vixilancia Sanitaria Específica. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

06-06-2012 - Vixilancia da Saúde

O marco normativo en materia de prevención de riscos laborais supón, entre outras cuestións, que a práctica dos recoñecementos médicos que se realizan ás e ós traballadores/as deben ser periódicos, específicos fronte aos riscos derivados do traballo, co consentimento informado do traballador/a, e non deben ser utilizados con fins discriminatorios nin en prexuízo do traballador/a. A lei encomenda ás administracións sanitarias a elaboración de protocolos e guías de actuación, co fin de implantar un modelo de vixilancia da saúde no traballo que sexa eficaz para a prevención. Dende esta Nova podes visualizar os PROTOCOLOS DE VIXILANCIA SANITARIA ESPECÍFICA para a saúde dos traballadores/as.

Criterio Técnico sobre o Dereito dos Delegados de Prevención o acceso a documentación preventiva

15-12-2010 - Inspección de Traballo. CT 43/2005

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS