Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
31/10/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing (II)

PSICOSOCIOLOXÍA
A utilización tendenciosa de falsas crenzas e argumentos, moitas veces propiciados pola propia empresa ou organización, tenden a perpetuar as situacións de violencia, dificultando que a sociedade protexa axeitadamente ás vítimas de acoso moral no traballo, a pesares de que estas/es non se correspondan coa realidade e polo tanto sexan falsos/as e rebatibles. Asumir consciente ou inconcientemente este tipo de falsas crenzas e argumentos, en moitos casos vinculados a estrutura xerárquica da empresa ou organización, implica favorecer a quenes practican o acoso.

Identificación das crenzas e argumentos elaborados para ocultar ou dificultar as situación de violencia psicolóxica no traballo ou mobbing.

A utilización tendenciosa de falsas crenzas e argumentos, moitas veces propiciados pola propia empresa ou organización, tenden a perpetuar as situacións de violencia, dificultando que a sociedade protexa axeitadamente ás vítimas de acoso moral no traballo, a pesares de que estas/es non se correspondan coa realidade e polo tanto sexan falsos/as e rebatibles.  Asumir consciente ou inconcientemente este tipo de falsas crenzas e argumentos, en moitos casos vinculados a estrutura xerárquica da empresa ou organización, implica favorecer a quenes practican o acoso.

Falsas crenzas, argumentos e o seu rebatemento:

É a vítima a que xera e provoca a situación de acoso.

Alimenta a crenza de que o/a traballador/a acosado/a debido ás súas supostas actitudes e características persoais é responsable e merece o que lle está a acontecer, sendo nocivo/a e prexudicial para a empresa na que traballa.

O argumento empregado de facer responsable á vítima das agresións que recibe, en psicoloxía social denomínase “erro de atribución”; unha forma de mecanismo defensivo inconsciente para sentirnos “a salvo” destas inxustificadas agresións, pensando que o que lle está a acontecer á vítima é porque fixo algo para merecelo, algo que en cambio non nos pasará a nós.

O certo é que o acoso e a agresión non son provocados por unha vítima que nunca desexa ser o obxectivo da violencia psicolóxica no seu traballo.

A situación de acoso no é realmente un problema grave.

Negación que procura evitar que se perciba a gravidade real e as repercusións do acoso sobre a saúde da vítima e sobre o clima laboral e o funcionamentop da unidade de traballo.

Nestes casos a crenza habitual pasa por argumentar que vítima esaxera a súa situación ou é unha persoa hipersensible e excesivamente vulnerable.

Pola contra, a realidade cientificamente contrastada é que o acoso é una práctica con graves consecuencias físicas, emocionais e sociais para a vítima, que ademáis remata afectando ao conxunto da empresa ou organización  en termos de clima laboral e rendemento.

Os acosadores son persoas con problemas mentais.

Arguméntase a enfermidade mental do acosador como eximente de responsabilidade, cando a realidade é que son moi poucas as enfermidades mentais (as que non distinguen o ben do mal) que eximen de responsabilidade penal polos actos realizados.

Até agora os múltiples estudos realizados sobre esta forma de violencia, indícannos que os/as acosadores/as non teñen por que presentar unha patoloxía psicolóxica. O que si, en cambio, quedou probado é que os/as acosadores/as tenden a ver á vítima como un obxecto para a súa satisfacción persoal, estando en moitos casos dispostos a realizar actos violentos para conseguilo. Asemade, os/as acosadores/as tenden a manter relacións abusivas de poder coas demais persoas: eles saben e mandan e os outros non saben e deben obedecer.

Podemos afirmar que os/as acosadores/as son responsables dos seus actos e saben perfectamente o que está ben ou está mal. Tal é así, que tentan agochar as súas accións ou pasan a xustificalas cando son descubertos/as.

O acoso psicolóxico só afecta a algúns traballadores/as.

A través desta crenza preténdese xustificar o trato vexatorio cara aquel traballador/a que non se somete á dirección da empresa ou organización, utilizando este como unha forma de castigo que dá a mensaxe aos demáis traballadores/as que ser obedientes implica non ser atacados/as.

En moitas ocasións arguméntase que isto afecta principalmente a traballadores/as especialmente intelixentes moi capaces e competentes en determinados postos de traballo. Non é certo, a experiencia e os estudos realizados teñen demostrado que calquera traballador/a pode ser vítima do acoso laboral independentemente doutras cualidades ou características.

Pódese afirmar que non existe un perfil tipo de traballador/a acosado/a, xa que quen xera o acoso non é a persoa acosada, senón que é o acosador ou acosadores e a súa maneira de relacionarse coas vítimas previamente seleccionadas. En cambio si que existe un perfil característico de acosador/a.

O acoso conta en certa medida co beneplácito das vítimas.

Esta crenza susténtase nun argumento que xustifica as condutas de acoso como formas normalizadas de relacionarse.  As persoas que avalan esta crenza non levan ben as reaccións de desagrado e as queixas da persoa acosada, pola que non sinte empatía alguna e consideran que mantén unha actitude de vitimismo

Sen dúbida algunha, o acoso psicolóxico no traballo é unha forma de violencia contra a vítima en contra da vontade desta, tendo en conta que lle reporta sentimentos de incomodidade, desagrado e violentamento da súa dignidade e equilibro persoal.

No mobbing interveñen factores como o poder, a envexa, a xenreira e a violencia, xerando nas vítimas un fondo rexeitamento debido a unha violencia psicolóxica que as máis das veces lles xera sentimentos de humillación e cadros depresivos.

A propia natureza do/a acosador/a impide que este controle axeitadamente a súa agresividade

Xustifícase esta crenza baixo o argumento que a actitude de acoso forma parte da propia natureza do/a acosador/a, restándolle importancia á mesma, xa que este non pode controlar axeitadamente os seus impulsos, sendo as vítimas as que realmente poden e deben poñer os límites a esas actitudes de acoso.

A realidade en cambio é que o/a acosador/a nin moito menos ten condutas agresivas con todos os/as traballadores/as, seleccionando moi ben contra quen exerce a súa violencia. Esta é unha crenza que pretende xustificar e naturalizar de modo xenérico os actos agresivos como se todas as persoas poidésemos comportarnos desa maneira; cando a realidade indícanos que a maioría das persoas manteñen relacións interpersoais respetuosas e positivas.

Sen dúbida podemos afirmar que as actitudes violentas de acoso psicolóxico no traballo non corresponden a comportamentos naturais, senón que pola contra correspóndense con comportamentos aprendidos e polo tanto susceptibeis de ser revertidos.

Se as vítimas quixeran poderían deter o acoso que se exerce contra elas.

A través desta crenza, fundamentalmente aquelas persoas que poderían parar o acoso, pretenden autoxustificar a súa negativa a prestar auxilio e apoio á vítima.

Tanto os distintos estudos como a propia experiencia amósannos que as vítimas de acoso intentan por todos os medios ao seu alcance, parar a violencia psicolóxica que se exerce contra elas sin conseguilo, debido en gran medida á imposibilidade para estas de controlar a conduta do/a acosador/a, xa que na meirande parte das ocasións atópanse nunha posición de desvantaxe e debilidade de poder en relación a este.

Habitualmente, cando a vítima constata que os seus eforzos para parar o acoso non dan resultado, remata por adoptar unha actitude de indefensión non facendo nada para parar as agresións.

Na maioría dos casos a denuncia das vítimas correspóndese cunha falsedade ou unha esaxeración.

A crenza da falsedade da denuncia por inexistencia de condutas de acoso, e a consecuencia dun intento de que o entorno remate por estigmatizar ao acosado/a, xerando unha atribución de responsabilidade e culpabilidade sobre a propia vítima do acoso.

Acontece en moitas ocasións que as denuncias das vítimas son deslexitimadas cualificándoas de falsas e destinadas a beneficiar outros agochados intereses; argumento este utilizado con frecuencia polos propios acosadores para desacreditar e descalificar ás vítimas xerando unha dúbida “razoable” en relación á visión dos feitos.

Normalmente o acoso psicolóxico no traballo corresponderse cun tipo de acoso grupal no que o acosador principal conta cun “círculo de apoio”, en tanto en canto a vítima atópase soa e indefensa ante estos.

Ligazón a Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing (I) detnro do apartado "Gabinete" da nosa páxina web.

 

 

Fontes utilizadas:

“Factores Organizacionales y Psicosociales Implicados en el Acoso Psicológico en el Trabajo”. 2004

Autor principal: Rosa Isla Díaz. Coautores: Estefanía Hernández-Fernaud e Dolores Díaz-Cabrera

“Factores de Riesgo del Acoso Social en el Trabajo (Mobbing): Un Estudio de la Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales de la Comunidad Valenciana”.

Autor principal: Josep Lluís Melià Navarro. Coautores: José María A. Sempere Aleixandre e Julia del Mar Romero Gil

“Pautas para el Reconocimiento de un caso de Mobbing en la Empresa”. 2006

Autor: Marina Parés Soliva

“Mobbing. Manual de autoayuda. Claves para reconocer y superar el acoso psicológico en el trabajo”. 1999

Autores: Iñaki Piñuel

“Comportamientos de acoso psicológico en el trabajo”. Blog 2017

“Mobbing: un modelo de análisis”. 2008

Autor: Susana Mayoral Blasco

“Delimitación conceptual del riesgo de acoso moral en el trabajo”.2004

Autor: Juan Jiménez García

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais