Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 59

24-03-2025 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Os riscos psicosociais e as súas consecuencias na saúde mental e física son algúns dos aspectos máis difíciles de atallar no ámbito da seguridade e a saúde no traballo (SST). Ademais do seu efecto prexudicial na saúde individual, os riscos psicosociais tamén poden afectar negativamente á eficiencia das organizacións, así como ás economías dos Estados. Entre as persoas traballadoras europeas, o estrés, a ansiedade e a depresión constitúen o segundo problema de saúde laboral máis común. As cuestións relacionadas coa saúde mental e os problemas no lugar de traballo séguense asociando ao medo e ao estigma. A proporción de persoas traballadoras que declaran enfrontarse a factores de risco que poden afectar negativamente á súa saúde mental é de case o 45 %. Con todo, cando se expoñen como un problema de organización e non como un fallo individual, os riscos psicosociais poden abordarse da mesma maneira estruturada e organizada que outros riscos para a saúde e a seguridade no traballo.

Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 59

-Riscos psicosociais e saúde mental no traballo

-Prevención e xestión dos riscos psicosociais relacionados co traballo

-Evidencia científica sobre a relación entre os riscos psicosociais e a saúde mental no lugar de traballo

-Datos do Estado español

-Carga de trastornos mentais atribuíble a factores psicosociais laborais

-Estado da saúde mental na empresa

-Detección de necesidades

-Estudo do Módulo especial da EPA 2020, “Accidentes laborais e problemas de saúde relacionados co traballo”. Saúde mental no traballo (INSST)

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 59 pode descargarse premendo na seguinte  ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS