Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Actividades prioritarias en función da sinistralidade. 2016
18/9/2017 INSHT
Estudo que elabora anualmente o Departamento de Investigación e Información do INSHT, clasificando as actividades económicas segundo dous criterios simultáneos, considerando a probabilidade de que se produza o accidente de traballo con baixa e analizando onde se encontran agregados o maior número de traballadores susceptibles de padecelo. Este criterio combinado é útil en estratexias que necesiten unha óptima xestión dos recursos e que dean lugar a programas preventivos eficientes.
Observatorio de condicións de traballo
13/9/2017 INSHT
Comparativa por sector e gravidade e por comunidades autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre xullo 2016 e xuño 2017 respecto ao período comprendido entre xullo 2015-xullo 2016
Informe sinistralidade laboral xullo 2016-xuño 2017
1/9/2017 INSHT
O número total de accidentes rexistrados no periodo comprendido entre xullo de 2016 e xuño de 2017 supón un aumento dun 3,7% con respecto ao mesmo período interanual anterior. Aumentan todos os tipos de accidentes: leves 3,7%, graves 3,3%, e mortais 2,1%. Prodúcese un aumento da poboación traballadora coa continxencia por accidente de traballo cuberta nos mesmos periodos de referencia dun 3,7 %.
Accidente tráfico
28/6/2017 Sinistralidade
Os máis numerosos son os de tráfico in itínere e os que provocan un maior número de mortes son de tráfico dentro da xornada. De entre os accidentes laborais viais (in itínere de tráfico, in itínere non de tráfico, de tráfico en xornada, en xornada que non sonde tráfico) o aumento rexistrado en 2016 correspóndese principalmente aos accidentes de tráfico in itínere. Menor atención xeran aos accidentes in itínere que non son de tráfico, aínda que é o segundo grupo en número de accidentes laborais viais seguramente porque revisten menor gravidade.
absentismo
15/6/2017 ADECCO
Este informe analiza ademais das cifras de absentismo, definido como a porcentaxe de horas non traballadas (sen contar vacacións, festivos nin horas perdidas por ERTEs) respecto á xornada pactada efectiva, os motivos relacionados coa concilicación da vida familiar e cos procesos de incapacidade temporal tendo en consideración a idade dos traballadores/as. Os datos sobre horas traballadas e non traballadas empregados no informe proceden da Enquisa Trimestral de Custe Laboral (ETCL) do Instituto Nacional de Estatística. Segundo as conclusións, o absentismo repunta situándose nunha taxa do 4,88%.
Imaxen do ISSG
29/5/2017 ISSGA
Datos de Enfermidades Profesionais no primeiro trimestre do 2017 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Imaxen do ISSG
29/5/2017 ISSGA
Datos de sinistralidade correspondentes ao PRIMEIRO trimestre de 2017 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por ETT. Xaneiro-decembro 2016
18/5/2017 INSHT
Neste informe analizáronse 14.710 Accidentes de Traballo con baixa ocorridos entre xaneiro e decembro de 2016, en traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. O 10,2% (1.495) ocorreron ao ir ou voltar do traballo e o 89,9% (13.215) na xornada de traballo.
Estudo epidemiolóxico das enfermidades profesionais no Estado español (período 1990 - 2014)
11/5/2017 Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e igualdade
Na Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, aprobada en abril de 2015, estabelecese que a prevención das enfermidades profesionais é un dos ámbitos sobre os que se debe traballar de maneira máis intensa, especialmente nos sectores e actividades con maiores índices de incidencia. Para iso resulta imprescindible promover o estudo e a investigación das enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo, identificando mellor os axentes causantes, os seus efectos e as medidas de prevención. Así, dentro das liñas de actuación marcadas no obxectivo 3 atópase: "Mellorar e promover o estudo e a investigación de enfermidades profesionais, así como a detección e comunicación das mesmas, coa máxima de antepoñer a prevención á rehabilitación", marcando como prioridade para 2015-2016 a "realización dun estudo epidemiolóxico das enfermidades profesionais no Estado español no período 1990-2014, que permita coñecer as tendencias e orientar a prevención, correspondendo ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a súa elaboración".
Imaxen do ISSG
6/3/2017 ISSGA
Datos de sinistralidade correspondentes ao CUARTO trimestre de 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Imaxen do ISSG
3/3/2017 ISSGA
Datos de Enfermidades Profesionais no cuarto trimestre do 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Estudo sobre a sinistralidade en PEMES para identificar sectores e actividades prioritarias de actuación
23/2/2017 INSHT
O presente estudo, realizado polo Departamento de Investigación e Información do INSHT co apoio da Dirección de Estatística do MEYSS, enmárcase dentro do obxectivo 2 da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, "Potenciar actuacións das Administracións Públicas en materia de análise, investigación, promoción, apoio, asesoramento técnico, vixilancia e control da prevención de riscos laborais". Dentro deste obxectivo, a liña de acción 2A.1 céntrase en "Informar e concienciar ás empresas e aos traballadores/as, con especial atención ás PEMES e microempresas, sobre a prevención de riscos laborais e a dispoñibilidade de ferramentas oficiais que facilitan a aplicación da normativa".
Sinistralidade AUMENTO
22/2/2017 SINISTRALIDADE
Segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, durante o pasado ano rexistrouse un incremento do 5% no número de accidentes de traballo con baixa: así durante o 2016 producíronse 555.722 sinistros, dos cales 480.051 tiveron lugar durante a xornada laboral e 75.671 foron in itínere.
Observatorio de condicións de traballo
7/2/2017 INSHT
Comparativa por sector e gravidade e por comunidades autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre decembro de 2015 e novembro 2016 respecto ao período comprendido entre decembro 2014-novembro 2015
Informe sobre o estado da seguridade e saúde laboral no Estado español 2015
23/12/2016 INSHT
O Informe sobre o Estado da Seguridade e a Saúde no Traballo de 2015 recompila as actividades máis relevantes desenvolvidas durante o ano de análise polas Institucións Públicas que integran o Sistema Nacional de Prevención, isto é, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a Fiscalía Especializada, as Comunidades Autónomas, a Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. No documento tamén se detallan as máis importantes novidades normativas e os avances na regulación a través dos convenios colectivos da materia de seguridade e saúde no traballo.
Seguridade social sede electrónica
14/12/2016 Seguridade Social
A Seguridade Social, a través da súa páxina web, ven de poñer a disposición de tódolos cidadáns un novo servizo que permite, segundo os parámetros seleccionados, consultar e obter datos estatísticos sobre as enfermidades profesionais acaecidas aos traballadores e traballadoras afiliados/as que teñan cubertas as continxencias profesionais nos distintos réximes da Seguridade Social. Así mesmo, é posible exportar os datos consultados en diferentes formatos de arquivos, confeccionar gráficos e gardar os informes obtidos.
Informe sinistralidade de traballadores cedidos por ETTs. Resultados do primeiro semestre 2016
25/11/2016 Observatorio Estatal de Condicións de Traballo
Neste informe nalizáronse 6.654 Accidentes de Traballo ocorridos, entre xaneiro e xuño de 2016, en traballadores cedidos por empresas de traballo temporal (ETT). Destes, 681 (10,2%) producíronse ao ir ou volver do traballo.
Imaxen do ISSG
25/11/2016 ISSGA
Datos de Enfermidades Profesionais no terceiro trimestre do 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Imaxen do ISSG
25/11/2016 ISSGA
Datos de sinistralidade correspondentes ao TERCEIRO trimestre de 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
aumento sinistralidade
19/10/2016 Sinistralidade
Logo dun período de un paulatino descenso da sinistralidade laboral, no ano 2015 esta alcanza niveis de incidencia similares aos experimentados no ano 2011. A Fiscalía Xeral do Estado na memoria do último exercicio presentada no mes de setembro, indica que o número de traballadores/as mortos a causa de accidentes laborais, incrementouse no ano 2015 nun 10,1% respecto do ano 2014, pasando de 454 a 500 traballadores/as falecidos/as.
aumento sinistralidade
28/9/2016 Sinistralidade
Segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, 360 traballadores/as faleceron en accidente laboral entre xaneiro e xullo deste ano 2016, 23 máis que no mesmo período de 2015, o que supón un incremento do 6,8%. Do número total de accidentes mortais, 92 foron en itínere, o que representa un incremento dun 64,3%.
Imaxen do ISSG
31/8/2016 ISSGA
Datos de Enfermidades Profesionais no segundo trimestre do 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Sinestralidade
22/8/2016 SINISTRALIDADE
Un total de 301 traballadores/as faleceron en accidente laboral entre xaneiro e xuño deste ano, 16 mortes máis que no mesmo periodo de 2015, o que supón un incremento en termos relativos do 5,6%, segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Imaxen do ISSG
29/7/2016 ISSGA
Datos de sinistralidade do segundo trimestre de 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e concellos.
Observatorio de condicións de traballo
27/7/2016 INSHT
Comparativa por comunidades autónomas do Índice de incidencia e accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre xuño de 2015 e maio 2016 respecto ao período comprendido entre xuño 2014 - maio 2015
Imaxen do ISSG
27/7/2016 ISSGA
Datos de sinistralidade correspondentes ao segundo trimestre de 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Imaxen do ISSG
25/5/2016 ISSGA
Datos de Enfermidades Profesionais no primeiro trimestre do 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Imaxen do ISSG
23/5/2016 ISSGA
Datos de sinistralidade do PRIMEIRO trimestre de 2016 referidos a Galiza, desagregados por provincias e concellos.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais