Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

A remerxencia da Silicose en España

04-04-2025 - MINISTERIO DE SANIDADE

O informe confirma un rexurdimento da silicose, unha enfermidade respiratoria incurable de orixe profesional causada pola inhalación de sílice cristalina, especialmente a partir de 2007. Aínda que historicamente asociouse á minería, os casos aumentaron nas últimas décadas, afectando a novos sectores industriais. Segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social, só no ano 2024 rexistráronse 520 partes por silicoses. En total, no período comprendido entre 2007 (ano no que se introduciu o actual sistema de notificación e rexistro de enfermidades, CEPROSS) e 2024, o número de partes ascendeu a 5.900. Isto significa que o número de partes por exposición a sílice cristalina entre 2015 e 2019 creceu un 1.423,2 % respecto ao período comprendido entre 1990 e 1994.

A fabricación e a manipulación de aglomerados de cuarzo e o procesado de pedra natural (granito e lousa, principalmente) son as actividades que concentran o maior número de partes por silicoses (47,8 %), seguidas pola construción, a extracción doutros minerais non metálicos nin enerxéticos e a metalurgia

Segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social, só no ano 2024 rexistráronse 520 partes por silicoses. En total, no período comprendido entre 2007 (ano no que se introduciu o actual sistema de notificación e rexistro de enfermidades, CEPROSS) e 2024, o número de partes ascendeu a 5.900. Isto significa que o número de partes por exposición a sílice cristalina entre 2015 e 2019 creceu un 1.423,2 % respecto ao período comprendido entre 1990 e 1994.

Para adoptar unha perspectiva máis comprensiva e global sobre a remerxencia da silicose, e dados os problemas de infra-recoñecemento das enfermidades profesionais, realizouse un estudo dos casos de silicoses atendidos nos diferentes dispositivos asistenciais do Sistema Nacional de Saúde. Para iso consultáronse as bases de datos correspondentes ao RAE-CMBD e ao Rexistro de altas de Atención Primaria (BDCAP). Numerosos estudos acreditaron o valor destas bases de datos para a vixilancia epidemiolóxica de diversos problemas de saúde (27,28), así como para a realización de estimacións do custo directo da asistencia sanitaria a determinados procesos patolóxicos

A tal fin, este estudo ten os seguintes obxectivos:

1. Realizar unha análise pormenorizada da evolución dos partes de enfermidade profesional recoñecidos polo sistema de Seguridade Social por exposición a sílice cristalina entre 1990 e 2023. Desta maneira dáse continuidade ao traballo anterior (24), identificando os sectores produtivos que concentran o maior número de partes comunicados e a súa distribución xeográfica.

2. Levar a cabo un estudo retrospectivo dos procesos asistenciais por silicoses atendidos no Sistema Nacional de Saúde entre 1997 e 2020.

3. Realizar unha estimación dos custos sanitarios directos da asistencia aos casos de silicoses atendidos polo Sistema Nacional de Saúde entre 1997 e 2020.

4. Estudar a mortalidade asociada á exposición a sílice cristalina entre 1990 e 2020.

5. Explorar a relevancia destes achegamentos combinados (enfermidades profesionais recoñecidas e procesos asistenciais) para caracterizar epidemiolóxicamente a remergencia da silicose en España no século XXI, poñendo de relevo as diferentes escalas xeográficas e sectoriais que permiten a súa comprensión.

Principais achados do estudo:

-Rexistráronse 4.418 partes de enfermidade profesional causada por exposición á sílice cristalina entre 1990 e 2019 (96,1 % homes e 3,9 % mulleres).

-O sector da “Fabricación doutros produtos minerais non metálicos” acumula o 50 % dos casos.

-Galiza é a que presenta un maior número de casos (32,9 %), seguida de Castela e León (14 %) e Andalucía (10,3 %).

-Obsérvase un aumento de casos en traballadores/as máis novos e unha diminución na idade mediana dos pacientes atendidos por silicoses.

-A poboación traballadora exposta a sílice cristalina pode desenvolver outras enfermidades, como patoloxías respiratorias, cardíacas, autoinmunes e cancro de pulmón.

- Os custos sanitarios directos da asistencia aos casos de silicoses corren a cargo do propio Sistema Nacional de Saúde, que financiou o 97,5 % dos procesos asistenciais entre 1997 e 2020.

- Rexistráronse 4.418 defuncións por silicoses entre 1990 e 2020.

Recomendacións:

1. Continuar o estudo da silicose e outras enfermidades laborais asociadas á exposición á sílice cristalina mediante un estudo cualitativo que permita coñecer con maior detalle a situación sanitaria e médico-legal das persoas afectadas.

2. Recoñecer a orixe laboral dos procesos asistenciais por silicoses para lograr unha maior contribución do sistema de Seguridade Social ao financiamento dos custos asistenciais xerados no Sistema Nacional de Saúde.

3. Estender o recoñecemento de enfermidade profesional causada pola sílice cristalina a enfermidades inmunomediadas sistémicas, tales como a esclerodermia sistémica, a artrite reumatoide e o lupus sistémico.

4. Profundar no estudo das condicións e dos sectores de exposición das mulleres expostas á sílice cristalina para unha mellor comprensión da extensión epidemiolóxica dos riscos da sílice cristalina.

5. Extremar as medidas de vixilancia e seguimento sobre os principais sectores produtivos que están na orixe da remergencia da silicose en España para coñecer con detalle a evolución do número de casos nos mesmos.

6. Considerar a prohibición dos aglomerados de cuarzo ou a regulamentación moito máis estrita do traballo con estes materiais, seguindo o exemplo doutros países ou estados como Australia ou California.

Este estudo subliña a necesidade dunha maior atención e acción coordinada da Administración pública para abordar a remerxencia da silicose en España, co fin de estabelecer medidas de prevención e protección da saúde das persoas traballadoras e garantir unha adecuada atención sanitaria e o recoñecemento dos dereitos das persoas afectadas.

Ligazón ao estudo "A remerxencia da Silicoses en España"

Ligazón á nota de prensa

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS