Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos durante o traballo

22-11-2017 - INSSTB

Criterios e recomendacións que poden axudar na interpretación e aplicación do Real Decreto 665/1997 de 12 de mayo, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, modificado polo Real Decretos 1124/2000 de 16 de xuño, Real Decreto 349/2003 de 21 de marzo e Real Decreto 598/2015, especialmente no que atinxe á avaliación dos riscos para a saúde dos traballadores/as involucrados, ás medidas correctoras e o acondicionamento deste tipo de postos.

Publicadas as últimas NTP da serie número 31

15-09-2017 - INSHT

Esta publicación recolle doce números, do 1090 ao 1100 adicados a: Riscos laborais viarios, Coste-beneficio da prevención de riscos, Agricultura e gandería, Liderazgo, conflito e condicións de traballo, Equipo eléctrico de máquinas e Proxectos de investigación universitarios.

Publicadas as segundas NTP da serie nº 31

23-03-2017 - INSHT

Esta publicación recolle doce números, do 1078 ao 1089 adicados a: pesca de arrastre e cerco, axentes químicos, guindastres Pórtico, elevadores de vehículos, PRL orixinados por caídas de raios, calidade de aire interior, tractores agrícolas, alcance máximo e normal e radiacións ópticas artificiais

Xa están dispoñibles as primerias NTP da serie nº 31 do presente ano 2016

22-08-2016 - INSHT

O INSHT publicou recentemente a serie 31, da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 1066 a 1077.

Novas NTP da serie nº 30

19-05-2016 - INSHT

Na web do INHST atópanse 11 novas Notas Técnicas de Prevención, as que van da 1055 á 1065. En relación ás temáticas indicar que se tratan a Calidade de aire interior, Resonancia magnética, Primeiros auxilios, Escenarios de exposición de REACH, Fosos de inspección de vehículos, Instalacións de gas, Clasificación de mesturas. Regulamento CLP, Infraestruturas ferroviarias, Xestión psicosocial e Seguridade no laboratorio.

O INSHT reedita a Guía técnica para a avaliación e a prevención dos riscos relativos á utilización dos lugares de traballo

11-12-2015 - INSHT

A Guía, actualizada a marzo de 2015, proporciona criterios e recomendacións que poden facilitar aos empresarios/as e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do Real Decreto 486/1997, especialmente no que se refire á avaliación de riscos para a saúde dos traballadores e traballadoras involucrados e no concernente a medidas preventivas aplicables.

O INSHT publica a “Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coas radiacións ópticas artificiais”

27-11-2015 - INSHT

Esta guía técnica proporciona criterios e recomendacións que poden facilitar a interpretación e aplicación do RD 486/2010, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a radiacións ópticas artificiais.

Publicadas as novas NTP da serie nº 30

05-11-2015 - INSHT

Na web do INSHT atópanse dispoñibles doce novas Notas Técnicas de Prevención, da 1043 á 1054. Nas NTP´s agora publicadas atopáse información sobre eficacia preventiva e responsabilidade social empresarial, saúde mental: etapas para a súa promoción na empresa, investigación de accidentes, pulverizadores de productos fitosanitarios, plataformas elevadoras móviles de persoal, alcance máximo no plano saxital, exposición laboral a compostos citostáticos, coordinación de actividades empresariais, xestión de residuos: clasificación e tratamento.

O INSHT presenta as primeiras NTP da serie nº 30

09-07-2015 - INSHT

Atópanse dispoñibles na web do INSHT os números 1031 a 1042 desta serie nº 30. Os temas que se abordan son a xestión de proxectos de cambio, oa prevención de riscos durante o uso de productos fitosanitarios, novos requisitos de comercialiación de máquinas para a aplicación de praguicidas, utilización de bocas de incendio equipadas, estrés por frío, dispositivos de suxeción de equipos de traballo e cargas diversas sobre vehículos de transporte, xestión preventiva para uso seguro de plataformas elevadoras móbiles de persoal e revisión sistemática e meta-análise en seguridade e saúde laboral.

O INSHT completa a serie 29 de NTP

17-12-2014 - INSHT

Xa están dispoñibles os números 1020 a 1030 da serie 29 que constitúen a terceira e última entrega da serie. De entre os temas tratados destacan as NTP´s dedicadas aos riscos na operación e mantemento dos aeroxeradores, así como as súas correspondentes medidas preventivas. Os cambios experimentados polas clasificacións internacionais de axentes carcinógenos e a aparición de nova lexislación europea no ámbito dos axentes químicos perigosos, fixeron necesaria a revisión da NTP 465. A nova NTP que a substitúe actualiza os sistemas de clasificación de axentes químicos carcinógenos propostos por sete organismos, tres deles de carácter gobernamental e catro de carácter independente.

Guía Técnica do RD 614/2001 para a avaliación e prevención do risco eléctrico. Nova edición de 2014

10-12-2014 - INSHT

O Real Decreto 614/2001, de 8 de xuño, regula as condicións de traballo que se deben cumprir para a protección da traballadores fronte ao risco eléctrico nos lugares de traballo. Na súa disposición final primeira encoméndase ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo a elaboración e actualización dunha guía técnica para facilitar a aplicación do real decreto.

Publicada a segunda entrega da serie 29 de Notas Técnicas de Prevención

13-08-2014 - INSHT

O INSHT publicou recentemente a segunda entrega da serie 29, da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 1008 a 1019.

Publicada a serie 29 de Notas Técnicas de Prevención

14-04-2014 - INSHT

O INSHT publicou recentemente a primeira da serie 29, da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 996 a 1007.

Novas NTP da serie 28

03-12-2013 - INSHT

Está dispoñible no portal web do INSHT unha nova entrega da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 985 a 995 coa que se completa a serie 28. Entre os temas tratados neste grupo de novas Notas destacaremos polo seu interese as dúas dedicadas á avaliación cualitativa do risco químico nos laboratorios, as que tratan da prevención de riscos en casos de traballadoras embarazadas ou en situación de lactación natural, a adicada ao recurso preventivo e a que trata da valoración das condicións de seguridade dos equipos de traballo instalados a bordo dos buques de pesca.

Novas NTP da serie Nº 28

05-11-2013 - INSHT

Xa está dispoñible no portal web do INSHT unha nova entrega da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 973 a 984. Entre os temas tratados neste grupo de novas NTP destacaremos polo seu interese as tres adicadas á análise do custo-beneficio na acción preventiva, as dúas sobre estadas colgadas móbiles de accionamiento motorizado e as dúas que tratan sobre a avaliación do perigo nos laboratorios químicos.

Guía Técnica do R.D. 374/2001 de Axentes Químicos (edición revisada)

04-11-2013 - INSHT

A Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados con axentes químicos, proporciona criterios e recomendacións para facilitar aos empresarios e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do citado Real Decreto.

Ampliación do número de NTP

11-04-2013 - INSHT

Encóntranse dispoñibles, no apartado de documentación da web do INSHT, as primeiras Notas técnicas de Prevención da serie 28, que van dende a NTP 961 ata a 972.

Guía técnica para a utilización polos traballadores de equipos de protección individual

19-02-2013 - INSHT

A presente Guía técnica proporciona criterios e recomendacións que poden facilitar aos empresarios e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do RD 773/1997 de 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual. Para facilitar a súa consulta, a guía preséntase transcribindo integramente o real decreto inscrito en recuadros en cor e intercalando, nos preceptos que se considerou oportuno, as observacións ou aclaracións pertinentes ou, cando estas son numerosas ou complexas, agrupándoas nun apéndice específico ao que se fai referencia no apartado correspondente.

Publicadas novas NTP sobre ruído da serie nº 27 de 2012

15-11-2012 - INSHT

Como continuación ás Notas Técnicas de Prevención (NTP) publicadas na 27ª Serie correspondente a este ano 2012, preséntanse agrupadas as seguintes catro NTP relativas á temática do ruído, que abordan aspectos relacionados coa xestión da súa exposición, estratexias da súa medición e avaliación, e coas accións de control da devandita exposición.

Ampliación do número de NTP

19-09-2012 - INSHT

Encóntranse dispoñibles, no apartado de documentación da web do INSHT, as primeiras Notas técnicas de Prevención da serie 27, que van dende a NTP 926 ata a 949. Por outra parte, actualizáronse as series 25 e 26 mediante a adición das caixas de valoración do grao de vixencia e as restantes NTP das distintas series anteriores, que o requiriron.

Guías Técnicas

12-06-2012 - INSSBT

Consulta as Guías técnicas para a avaliación e prevención de riscos do Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo

Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción. Nova edición, abril 2012

17-04-2012 - INSHT

A disposición final primeira do Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción (transposición da Directiva 92/57/CE) insta o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo á elaboración e actualización dunha Guía técnica non vinculante para facilitar a aplicación do real decreto. A finais de 2003 elaborouse a primeira edición da Guía Técnica. Até hoxe, fóronse aprobando diversas disposicións ligadas directa ou indirectamente co sector da construción, que motivan a necesidade de actualizar a Guía Técnica.

Guía Técnica de Simplificación Documental

13-04-2012 - INSHT

O artigo 2.4 do Regulamento dos Servizos de Prevención, establece que as empresas de até 50 traballadores que non desenvolvan actividades do anexo I poden plasmar nun único documento, de extensión reducida e fácil comprensión, o plan de prevención, a avaliación de riscos e a planificación da actividade preventiva, mandatando ao INSHT a dispor dunha guía, de carácter non vinculante, que facilite a elaboración do devandito documento.

Guía Técnica de criterios de calidade do servizo dos Servizos de Prevención Alleos

13-04-2012 - INSHT

O Instituto Nacional de seguridade e Saúde no traballo ven de publicar esta Guía que se centra nos Servizos de Prevención Alleos aínda que son tamén extensibles aos Servizos de Prevención Propios e Mancomunados, na medida en que o sexan os requisitos legais aplicables ás actuacións dos mesmos.

Coordinación de actividades empresariais. NTP 918 e NTP 919

20-03-2012 - INSHT

As Notas Técnicas de Prevención (N.T.Ps) son documentos breves, que tratan un tema preventivo concreto cunha orientación, eminentemente, práctica. Nas súas coleccións trátanse todas as áreas preventivas: seguridade, hixiene, medicamento, toxicoloxía, psicoloxía, formación, etc. No ano 2011, o INSHT publica a serie número 26 (dos números 891 ao 925), que contén dúas NTPs relacionadas coa Coordinación de Actividades Empresariais.

Guía técnica para a utilización dos equipos de traballo. Nova edición, novembro 2011

24-11-2011 - INSHT

A presente Guía técnica proporciona criterios e recomendacións que poden facilitar aos empresarios e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do RD 1215/1997 de 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos á utilización dos buques de pesca. Nova edición, outubro 2011

16-11-2011 - INSHT

O traballo a bordo dos buques de pesca conleva numerosas situacións de risco para os traballadores do sector, derivadas das condicións meteorolóxicas e do mar, do traballo en cuberta, do manexo das artes de pesca e da exposición a outros axentes físicos, químicos e biolóxicos.

NTP

10-05-2011 - INSSBT

Consulta as Notas Técnicas de Prevención do Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo

Indice Notas Técnicas de Prevención do INSHT.

02-12-2010 - INSHT

Cadro - resumo sobre a vixencia das NTP

01-12-2010 - INSHT

Avaliación e prevención dos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo. Real Decreto 681/2003, do 12 de xuño.

18-08-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSH

Avaliación e prevención do risco eléctrico. Real Decreto 614/2001, do 8 de xuño.

11-08-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT.

Avaliación e prevención dos riscos no traballo a bordo dos buques de pesca. Real Decreto 1216/1997, do 18 de xullo.

11-08-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT.

Avaliación e prevención dos riscos relativos á utilización de equipos con pantallas de visualización. Real Decreto 488/1997, do 14 de abril.

10-08-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Avaliación e prevención dos riscos relacionados coa manipulación manual de cargas. Real Decreto 487/1997, do 14 de abril.

10-08-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Avaliación e prevención dos riscos relacionado cos lugares de traballo. Real Decreto 486/1997, do 14 de abril.

10-08-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición dos traballadores ao ruído. Real Decreto 286/2006, do 10 de marzo

04-08-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT.

Sinalización de seguridade e saúde no traballo. Real Decreto 485/1997, do 14 de abril.

03-08-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Avaliación e prevención dos riscos relativos á utilización dos equipos de traballo. Real Decreto 1215/1997, do 18 de xullo.

21-07-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Avaliación e prevención dos riscos relacionados coas vibracións mecánicas. Real Decreto 1311/2005, do 4 de Novembro.

21-07-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT.

Avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición durante o traballo a axentes canceríxenos ou mutágenos Real Decreto 665/1997, do 12 de maio.

21-07-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Avaliación e prevención do risco relativos ás obras de construcción. Real Decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

13-07-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Integración da prevención no sistema xeral de xestión da empresa riscos laborais.

05-07-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT.

Avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición ao amianto. Real Decreto 396/2006, do 31 de marzo.

05-07-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Para a avaliación e prevención dos riscos presentes nos lugares de traballo relacionados con axentes químicos

16-06-2010 - Guías Técnicas de Evaluación do Ministerio de Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Para utilización polos traballadores no traballo dos equipos de protección individual

15-06-2010 - Guías Técnicas de Evaluación do Ministerio de Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición axentes biolóxicos. Real Decreto 664/1997, do 12 de maio.

07-04-2010 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Utilización polos traballadores no traballo dos equipos de protección individual

28-12-2006 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Avaliación e prevención dos riscos presentes nos lugares de traballo relacionados con axentes químicos.

01-05-2001 - Guía Técnica de Evaluación do Ministerio de Traballo e o INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS