O INSHT publica a “Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coas radiacións ópticas artificiais”27-11-2015 - INSHTEsta guía técnica proporciona criterios e recomendacións que poden facilitar a interpretación e aplicación do RD 486/2010, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a radiacións ópticas artificiais. |
---|
O Real Decreto 486/2010, do 23 de abril, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a radiacións ópticas artificiais, encomenda de maneira específica, na súa disposición adicional única, ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, a elaboración e actualización dunha guía técnica, de carácter non vinculante, para a avaliación e prevención dos riscos derivados da exposición ás radiacións ópticas nos lugares de traballo.