Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Guía Técnica de criterios de calidade do servizo dos Servizos de Prevención Alleos

13-04-2012 - INSHT

O Instituto Nacional de seguridade e Saúde no traballo ven de publicar esta Guía que se centra nos Servizos de Prevención Alleos aínda que son tamén extensibles aos Servizos de Prevención Propios e Mancomunados, na medida en que o sexan os requisitos legais aplicables ás actuacións dos mesmos.

A Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2007/2012 establece, como un dos seus obxectivos, a mellora da eficacia e a calidade das actuacións dos servizos de prevención alleos, contemplando a elaboración duns criterios de calidade do servizo.

Mediante os criterios descritos nesta guía preténdese ordenar e interrelacionar as actuacións que debe desenvolver un SPA, precisar os requisitos legais aplicables a cada unha das devanditas actuacións e establecer principios de boa práctica. Evidentemente, a "calidade mínima" exixible ao servizo prestado por un SPA dáse cando as actividades que realiza cumpren os requisitos legais que lles son aplicables.

Dispor duns "criterios de calidade do servizo", non vinculantes, resulta básico tanto para orientar as actuacións dos SPA, como para poder analizar as efectivamente desenvolvidas por estes.

Ligazón á Guía Técnica de criterios de calidade do servizo dos Servizos de Prevención Alleos

Fonte: INSHT

Documentos

Guía Técnica de criterios de calidade do servizo dos Servizos de Prevención Alleos.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS