Se estás en situación de baixa ou recibes a alta médica04-04-2023 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIGDiagrama que recolle os procedementos a seguir tanto en situación de baixa como cando se recibe a alta médica; o esquema representa situacións xerais e está realizado tendo en consideración os escenarios máis habituais que están a producirse no momento de realización do mesmo. Para asesorarte sobre o teu caso concreto, podes contactar cun técnico de prl a través do espazo específico, Asesoramento Técnico, ubicado na portada da web. |
|---|
A Incapacidade Temporal: procesos asociados a situacións de baixa e alta médicas03-01-2020 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 35Tras sufrir un accidente (laboral ou non) ou padecer unha enfermidade (profesional ou non) que impidan a realización do traballo, iniciarase un período de incapacidade temporal que ten como fin a recuperación da saúde do traballador/a. Os procedementos a seguir, tanto en situación de baixa como cando se recibe a alta médica xeran non poucas dúbidas. Aínda que cada caso concreto merece unha reflexión, é necesario ter presente un mapa de situación do que pode acontecer durante o tempo que vai dende a emisión do parte de baixa médica ata a incorporación ao traballo. Sen perder de vista que este mapa de situación reflicte únicamente situacións xerais, revisaremos secuencialmente as casuísticas que poden xurdir durante o tempo que dure a baixa médica, así como as diversas situacións nas que se produce a alta médica. |
|---|
Prontuario de actuación ante as decisións das mutuas18-12-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIGDíptico no que se recollen os conflitos e diversas situacións que adoitan aparecer na relación coas Mutuas (volante de asistencia, derivación ao Servizo Público de Saúde, alta prematura, actos de control da IT, abono dos gastos de transporte, ...) |
|---|
Se estás enfermo ou tiveches un accidente e non podes traballar09-04-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIGDiagrama en torno ao procedemento a seguir no caso de enfermidade ou accidente que impide traballar; o esquema representa situacións xerais e está realizado tendo en consideración os escenarios máis habituais que están a producirse no momento de realización do mesmo. Para asesorarte sobre o teu caso concreto, podes contactar cun técnico de prl a través do espazo específico, Asesoramento Técnico, ubicado na portada da web. |
|---|
Procedemento xeral de actuación en caso de enfermidade ou accidente que impida traballar09-04-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 31Enténdese por incapacidade temporal aquela situación na que non é posible traballar debido a unha lesión ou a unha enfermidade. Esta situación como o seu nome indica é temporal, polo que logo do tratamento oportuno procederá a incorporación ao posto de traballo. Pódese chegar a unha situación de incapacidade temporal logo de enfermidade ou accidente que nada teñen que ver co traballo (estariamos a falar de incapacidade temporal por continxencia común) ou cando se sufre unha enfermidade ou un accidente relacionados co traballo (neste caso estamos ante unha continxencia profesional). |
|---|
![]() | Accidente de traballo: procedemento básico de actuación25-06-2014 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 10A definición legal de accidente de traballo estipula que é “toda lesión corporal que sofra o/a traballador/a con ocasión ou como consecuencia do traballo que execute por conta allea” (artigo 115 da Lei Xeral da Seguridade Social. LGSS) |
|---|