Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
7/10/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

As mulleres traballadoras padecen máis problemas de saúde mental que os homes

Saúde laboral
Os datos proveñen dun estudo que veñen de publicar autores do CIBER de Epidemiología e Saúde Pública na revista Gaceta Sanitaria; o estudo analiza, a partir da Enquisa Nacional de Saúde de 2011, a prevalencia dos trastornos de saúde mental entre 7.396 persoas de 16 a 65 anos que traballaban no momento de realizarse a investigación. O estudo indica que o 19,9% das mulleres traballadoras en España ten problemas de saúde mental, fronte ao 13,9% dos homes.

Os problemas máis comúns que manifesta este 19,9% das mulleres traballadoras no Estado español son depresión, ansiedade, deterioración social e hipocondría. No estudo constátase que o 20,5% dos traballadores e o 23,7% das traballadoras con problemas de saúde mental presentan niveis altos de tensión laboral e que o 30,4% dos homes e o 34,3% das mulleres con este tipo de desordes manifestan unha baixa satisfacción laboral. Os problemas de saúde mental son máis frecuentes entre os autónomos (19,2% dos homes e 21% das mulleres) e entre os traballadores/as temporais ou sen contrato (14% dos homes e 19,8% das mulleres).

Factores relacionados cos problemas de saúde mental en traballadores e traballadoras

O Estuda amosa que existen diferencias de sexo en canto aos factores relacionados cos trastornos da saúde mental. Así, mentres nas mulleres inflúen máis os factores socioeconómicos, nos homes cobran máis importancia as variables relacionadas coa situación laboral. Por exemplo nas mulleres traballadoras,obsérvase unha alta prevalencia de problemas de saúde mental a medida que avanza a idade e entre aquelas que están en situación de viudez (29,9%) e de separación ou divorcio (26,7%). Tamén son máis frecuentes entre as que teñen estudos secundarios (21%) e educación primaria ou sen estudos (21,6%), e nas clase sociais máis baixas (o 24% pertence ao estrato máis baixo). Nos homes, os autónomos teñen o dobre de probabilidade de sufrir algún tipo de problema de saúde mental que os traballadores por conta allea con contrato fixo; así mesmo obsérvase  un aumento da prevalencia de desordes mentais en homes a medida que aumenta a tensión ou diminúe a satisfacción laboral.

Os autores do estudo conclúen que "estes resultados amosan a necesidade de adoptar medidas políticas e sociais para promover a igualdade e reducir as diferenzas de xénero en saúde mental".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais