Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
24/11/2011
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Entra en vigor o RD 1698/2011 de 18 de novembro, que regula a reducción na idade de xubilación para traballos penosos, tóxicos e perigosos

LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL
O Real Decreto regula o réxime xurídico e o procedemento para establecer coeficientes reductores da idade de xubilación no sistema da Seguridade Social, no caso de traballos que por ser excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, rexistren índices elevados de morbilidade ou mortalidade.

Este desenvolvemento regulamentario considera a xubilación anticipada como situación excepcional, sempre que non sexa posible cambiar as condicións de penosidad, toxicidade ou perigo, ou o propio posto de traballo. Os traballadores autónomos poderán acceder á xubilación anticipada nos mesmos supostos e colectivos que se fixen para os traballadores asalariados.O procedemento que aproba este novo texto legal esixe estudos previos de sinistralidade, penosidad, perigo e toxicidade das condicións do traballo, de que forma inciden nas baixas laborais que xeran nos traballadores e os requirimentos físicos esixidos para desenvolver a actividade laboral de que se trate. Ademais, a norma recolle incentivos para as empresas que adopten medidas que sen ser obrigatorias, contribúan a eliminar ou a reducir estas características.

O procedemento xeral que se implanta pretende que os traballadores se beneficien, en primeiro lugar, dunha mellora das súas condicións de traballo e, en último termo, se iso non é posible, dunha rebaixa da súa idade de xubilación, co beneficio engadido da consideración como cotizado do tempo que corresponda de redución da idade.A regulación dos coeficientes reductores responde á esixencia recollida tanto na Lei 40/2007 de medidas en materia de Seguridade Social como na Lei 27/2011 sobre actualización adecuación e modernización da Seguridade Social.

Documentos
Real Decreto 1698-2011.PDF
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais