Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 5317-07-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGA industria naval ao igual que moitas outras actividades industriais, sufriu nos últimos 30 anos un proceso de privatización con drástica redución dos cadros de persoal e que deu paso á subcontratación de actividades orixinariamente realizadas pola empresa principal, cara ás denominadas industrias auxiliares. Así durante o proceso de construción dun buque, comparten espazos persoas traballadoras de diversas empresas o que fai máis complexa a organización do traballo e a coordinación preventiva. A coordinación preventiva das actividades empresariais é unha estratexia preventiva destinada a controlar e minimizar os riscos laborais nos lugares de traballo, nos que concurren simultaneamente distintas actividades realizadas por empresas diferentes. Esta concurrencia e simultaneidade na realización de tarefas é un factor multiplicador dos riscos laborais, que deben ser controlados a través desta estratexia de coordinación. No caso da construción e reparación naval, os riscos son especialmente elevados debido á gran cantidade de subcontratación de actividades a empresas auxiliares e aos riscos específicos inherentes a esta perigosa actividade industrial. |
|---|
LIGAZÓN AO BOLETÍN CIG SAÚDE LABORAL Nº 53
Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 53
A coordinación preventiva de actividades empresariais no sector da construción e reparación naval
- Tipo de riscos máis comúns que afectan ao sector da construción e reparación naval
- A organización da produción na industria da construción naval
- Coordinación de actividades empresariais no sector da construción e reparación naval
- Obxectivos básicos da coordinación de actividades empresariais
- Principais factores de risco e medidas preventivas
- Procedemento de coordinación de actividades para a construción e reparación naval
- Anexo I. Listado de documentación esixida ás empresas auxiliares
- Anexo II. Listado de documentación entregada a empresas auxiliares por parte da empresa principal. Instrución para a identificación de zonas afectadas e actividades a realizar antes da reparación
- Instrución para a xestión de permisos de traballo
O Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 53 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.